Inclusive Paths continúa avanzando en Chipre cara a unha educación máis inclusiva

  • Os socios do proxecto europeo reuníronse en Nicosia para coordinar as próximas accións dirixidas a facilitar a transición das persoas con discapacidade intelectual desde a educación secundaria cara á educación postsecundaria.
  • O encontro permitiu avanzar na organización dos próximos obradoiros nacionais e no desenvolvemento dun xogo interactivo orientado a mellorar a aprendizaxe e a participación das persoas neurodivergentes.

 

 

Os días 18 e 19 de xuño participamos en Nicosia, Chipre, na reunión transnacional do proxecto Inclusive-Paths xunto ao resto de entidades socias do proxecto. Durante estas dúas xornadas de traballo compartimos avances, experiencias e os próximos pasos da iniciativa.

Un dos principais temas abordados foi a organización dos obradoiros nacionais que se desenvolverán entre este ano e o próximo para facilitar a transición das persoas con discapacidade intelectual desde a educación secundaria cara á educación postsecundaria, promovendo itinerarios formativos máis accesibles e inclusivos.

Durante o encontro tamén avanzamos no desenvolvemento dun xogo interactivo dirixido a persoas neurodivergentes, unha ferramenta innovadora que busca favorecer a aprendizaxe e a participación a través de contidos e experiencias adaptadas ás súas necesidades.

Inclusive-Paths é unha iniciativa impulsada pola Universidade de Pedagoxía de Salzburgo, a Organización Católica de Flandes, Emphasys Center, EASPD e AMICOS, cofinanciada polo programa Erasmus+ da Unión Europea (Proxecto nº 101184315).

 

Para máis información:

981 865 716

658 753 047

hola@amicos.org