Na Fábrica Social, cada peza que sae das nosas mans é moito máis ca un produto: é a proba de que podemos ser útiles, produtivos e sentirnos parte de algo importante. Aquí, persoas con discapacidade intelectual atopan un espazo onde o seu traballo ten valor real, onde cada puntada, cada etiqueta e cada caixa preparada é motivo de orgullo propio.