Rescatamos, rehabilitamos e devolvemos ao mar comunidades bentónicas en risco, como gorgonias e laminarias, principalmente no Parque Nacional das Illas Atlánticas. Grazas ao apoio de empresas e particulares que apadriñan un coral, xa devolvemos ao mar máis de 1.780 soportes de laminaria e 668 gorgonias, contribuíndo á recuperación dos nosos ecosistemas mariños.