Ciudadanía Inclusiva: Impulsando instituciones sólidas desde la discapacidad intelectual nace para impulsar unha participación real e efectiva das persoas con discapacidade intelectual na vida política, comunitaria e administrativa. Porque unha sociedade democrática só é verdadeiramente inclusiva cando todas as persoas poden coñecer os seus dereitos, expresar as súas opinións e participar nas decisións que afectan ás súas vidas.

¿Por que Cidadanía Inclusiva ?

As persoas con discapacidade intelectual aínda atopan barreiras que dificultan a súa participación na vida pública: barreiras cognitivas, administrativas e actitudinais que poden limitar o acceso á información, a comprensión dos procesos e a participación nos espazos de decisión.

Cidadanía Inclusiva quere contribuír a cambiar esta realidade.

Durante un ano, o proxecto traballará para que as persoas con discapacidade intelectual teñan máis ferramentas para participar e liderar, para que as institucións sexan máis accesibles e para que a comunidade educativa coñeza e promova os dereitos e a participación cidadá.

Tres camiños para transformar a participación

Institucións máis accesibles para unha cidadanía máis participativa

Acompañamos ás administracións públicas na incorporación de medidas de accesibilidade cognitiva e linguaxe clara, facilitando que a información e os procesos públicos sexan máis comprensibles e accesibles.

Máis formación, máis ferramentas, máis participación

Desenvolvemos accións formativas en cidadanía, liderado e participación política para que as persoas con discapacidade intelectual poidan coñecer os seus dereitos e participar activamente nos espazos públicos e comunitarios.

Educar en participación tamén é educar en cidadanía.

Traballamos con centros educativos para achegar os dereitos, a participación e a inclusión ao alumnado e ao profesorado a través de materiais accesibles, obradoiros e xornadas intercentros. Formación igual a cidadanía activa.

Que queremos conseguir?

Formar en liderado e cidadanía

Impulsar as capacidades das persoas con discapacidade intelectual para que coñezan os seus dereitos e participen activamente na sociedade.

Transformar as administracións

Promover institucións públicas máis accesibles mediante a accesibilidade cognitiva, a linguaxe clara e a formación de profesionais.

Sensibilizar a comunidade educativa

Achegar os dereitos e a participación cidadá ás aulas e xerar unha cultura de inclusión desde idades temperás.

Xerar un modelo replicable

Desenvolver experiencias que poidan ser transferidas e aplicadas noutros territorios e contextos.

Cidadanía Inclusiva e Axenda 2030

O proxecto contribúe a avanzar cara a unha sociedade máis xusta, participativa e inclusiva e aliñase cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030, especialmente:

ODS 16 — Paz, xustiza e institucións sólidas
Promovendo institucións eficaces, responsables, transparentes e accesibles para todas as persoas.

ODS 10 — Redución das desigualdades
Eliminando barreiras que dificultan a participación plena das persoas con discapacidade intelectual.

ODS 4 — Educación de calidade
Impulsando unha educación inclusiva e a aprendizaxe sobre dereitos e cidadanía.

ODS 17 — Alianzas para acadar os obxectivos
Conectando administracións, centros educativos, entidades sociais e cidadanía para avanzar xuntos.

O impacto que queremos xerar

0

Persoas con discapacidade intelectual formadas

0

Persoas participando en espazos de representación pública

0

Administracións públicas acompañadas

0

Profesionais públicos formados

0

Medidas piloto de accesibilidade institucional

0

Centros educativos implicados

0

Estudantes e docentes sensibilizados

Unha democracia inclusiva necesita todas as voces


A inclusión non remata cando unha persoa pode acceder a un servizo. Tamén significa poder opinar, decidir, participar e formar parte da vida pública.

Con Cidadanía Inclusiva queremos seguir dando pasos para que as persoas con discapacidade intelectual ocupen o lugar que lles corresponde como cidadás de pleno dereito.

Porque cando as institucións son máis accesibles, a democracia tamén o é.

Descubre que estamos facendo

Co apoio de