Amicos conta con varios centros de diferente índole repartidos pola comarca de Barbanza.

Centro residencial

Centro de Atención Integral Amicos
R/ Comoxo 2 A, Boiro – 15938 A Coruña
Nº de Registro E-1306-C-003

Dispón dunha capacidade de atención de 37 prazas plenamente adaptadas. Conta con lavandaría, comedor e servizo de cociña propio.

Centro de Día

Centro de Atención Integral Amicos
R/ Comoxo 2 A, Boiro – 15938 A Coruña
Nº de Registro E-1306-C-004

Está dirixido a persoas con discapacidade que presentan grandes necesidades de atención, e busca, ao mesmo tempo, impulsar a súa autonomía, ensinándolles a desenvolver por si mesmas as actividades cotiás.

Centro Ocupacional

Centro de Atención Integral Amicos
R/ Comoxo 2 A, Boiro – 15938 A Coruña
Nº de Registro E-1306-C-005

Está pensado para persoas que só necesitan apoio de forma intermitente. A súa autonomía permítelles adquirir novas habilidades que, con acompañamento e esforzo, poden abrirlles as portas do mercado laboral.

UNIDADE DE ATENCIÓN TEMPERÁ

Centro de Atención Integral Amicos
Rúa Gándara, 44 Oleiros, Ribeira.
Código de centro 010103

Equipo multidisciplinar (psicopedagoga, psicóloga, logopeda, fisioterapeuta e mestra de Educación Especial) que atende aos máis pequenos, entre cero e seis anos, mediante sesións individualizadas. O obxectivo é evitar ou paliar o desenvolvemento de discapacidades e estimular a súa autonomía persoal.

CENTRO DE EDUCACIÓN ESPECIAL (CEEPR)

Centro de Atención Integral Amicos
Rúa Gándara, 44 Oleiros, Ribeira.
Código de centro 15032674

Centro educativo para nenos e nenas de 3 a 21 anos, con aulas especializadas en autismo e pluridiscapacidades. Imparte ensinanzas regradas mediante un proxecto personalizado que busca a participación, a autonomía e a integración social do alumnado.

HOGAR
EDUCATIVO

Dean Pequeno 1
15968 Ribeira

 

Inmoble equipado con todo o necesario para a vida diaria, situado no lugar do Deán Pequeno, Ribeira. Busca que os usuarios adquiran autonomía nas tarefas cotiás —limpeza, camas, organización— de cara á vida independente.

BIOCENTRO

Rúa Gándara s/n, Oleiros, Ribeira.

Infraestrutura de formación en agricultura ecolóxica certificada (CRAEGA), situada en Oleiros, Ribeira. Preto dunha ducia de usuarios traballan aquí durante todo o ano, cultivando produtos como os pementos de Padrón, que axudan a financiar a Asociación e abastecen os menús do Centro de Atención Integral.

ECOVIVEIRO

Lugar de Lomba s/n, Carballosa
Porto do Son

Especializado no cultivo, coidado e repoboación de árbores autóctonas, como os carballos. Parte da súa produción contribuíu a reforestar espazos emblemáticos de Galicia, como o Monte Pindo e o Bosque de Galicia no Monte Gaiás.

UNIDADE DE REHABILITACIÓN AVANZADA

Centro de Atención Integral Amicos
R/ Comoxo 2A, Boiro. 15938

Unidade especializada en dano cerebral e patoloxías neurolóxicas (ictus, esclerose, hemiplexia), con servizos de fisioterapia, logopedia, psicoloxía e estimulación sensorial, ademais dun ximnasio completo para o exercicio físico dos usuarios.