Protexemos e apoiamos as persoas con discapacidade intelectual

A Fundación AMICOS nace para ofrecer apoio e protección ás persoas con discapacidade que se atopan en situación de especial vulnerabilidade, contribuíndo a que poidan exercer os seus dereitos e desenvolver o seu proxecto de vida.



A Fundación AMICOS nace para ofrecer apoio e protección ás persoas con
discapacidade que se atopan en situación de especial vulnerabilidade, contribuíndo
a que poidan exercer os seus dereitos e desenvolver o seu proxecto de vida.

Que facemos?

Creamos e apoiamos centros de asistencia

Organizamos, patrocinamos e fomentamos a creación de centros de asistencia para persoas con discapacidade intelectual.

Ofrecemos medidas de apoio e protección

Prestamos apoio ás persoas con discapacidade intelectual que se atopan en situación de especial vulnerabilidade, contribuíndo a garantir o exercicio dos seus dereitos e a protección dos seus intereses.

Melloramos a calidade de vida

Traballamos para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e das súas familia

Promovemos a inclusión laboral

Impulsamos oportunidades que favorezan a inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual.



PROGRAMAS DE COOPERACIÓN DA XUNTA DE GALICIA. GARANTÍA XUVENIL. FONDO SOCIAL EUROPEO.

Esta axuda permitiu á Fundación Amicos a contratación de persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Estas persoas desempeñan o seu traballo ao mesmo tempo que se forman, xa que participan activamente no “Servizo de Tutela, Apoio, Asistencia e Atención a Persoas con Discapacidade Intelectual”.