INCLUSIVE-PATHS
Os estudantes con discapacidades a menudo reciben un nivel de apoio menor ao que necesitan cando chega o momento de pasar da educación secundaria á educación post secundaria. Os estudos aumentan en dificultade, o que require un maior nivel de apoio para a súa adaptación a esta nova etapa. O proxecto INCLUSIVE PATHS intenta ofrecer claridade sobre este problema ao ofrecer formacións e identificar as brechas no sistema educativo actual.
Obxectivos
O proxecto ten como obxectivo:
- Identificar e cubrir unha fenda de formación do persoal na educación secundaria para garantizar unha transición fluída cara a educación post secundaria.
- Identificar as carencias de formación do persoal na educación post secundaria e na aprendizaxe e educación de adultos para apoiar ás persoas con discapacidades.
- Apoiar aos coidadores informais para que inflúan positivamente nas persoas con discapacidades e as animen a avanzar nas distintas etapas educativas, converténdose en aliados.
Grupos destinatarios principais
- Educadores e persoal de escolas secundarias
- Educadores e persoal do ecosistema de educación post secundaria (PSE)
- Coidadores informais (por exemplo, familiares e redes de apoio)
- Persoas con discapacidades intelectuais e do desenvolvemento que están terminando a educación secundaria ou que están fóra do sistema educativo ou formativo.
Actividades
- Grupos focais nacionais e informes por país: “Necesidades, desafíos e solucións para traxectorias inclusivas de transición”
- Manual e talleres de sensibilización e desenvolvemento de capacidades: “Creando traxectorias inclusivas de transición cara a educación postsecundaria”
Resultados do proxecto
- Xogo interactivo de aprendizaxe en líña en 3D: “Exploradores de Traxectorias”
- Manual de desenvolvemento de capacidades e sensibilización
Duración
1 de xaneiro de 2025 – 31 de dicembro de 2028
Novas
Inicio de proxecto: Inclusive Path
Partnariado
- Coordinador: European Association of Service providers for Persons with Disabilities (EASPD), Bruselas
- AMICOS, España
- Emphasys Centre, Chipre
- Katholiek Onderwijs Vlaanderen (KOV), Bélxica
- Pädagogische Hochschule Salzburg (PH Salzburg), Austria
- European Association for the Education of Adults (EAEA), Bélxica
- Out of the Box International (OTB), Bélxica
Contacto
Manuel Freitas de Sousa, EU Policy Officer at Amicos.org
Financiación
Erasmus+