Axudamos as persoas con discapacidade intelectual a gozar do seu tempo libre mediante o deporte, a cultura e a promoción da saúde

En Integrados traballamos para favorecer a autonomía, o benestar e a participación das persoas con discapacidade, creando oportunidades para que poidan desenvolver os seus intereses, relacionarse e formar parte activa da comunidade.



En Integrados traballamos para favorecer a autonomía, o benestar e a participación das persoas con discapacidade, creando oportunidades para que poidan desenvolver os seus intereses, relacionarse e formar parte activa da comunidade.

Qué facemos?

Acompañamos ás persoas.

Apoiamos, asesoramos e facemos seguimento das persoas con discapacidade intelectual con grandes necesidades de apoio.

Apoiamos ás familias

Ofrecemos orientación e apoio legal, administrativo e psicolóxico ás familias das persoas con discapacidade intelectual con grandes necesidades de apoio.

Promovemos o ocio, a cultura, o deporte e a saúde

Organizamos actividades culturais, sociais, ambientais e deportivas, así como iniciativas relacionadas coa promoción da saúde e o benestar.

Impulsamos a participación

Creamos oportunidades para que as persoas con discapacidade participen activamente no seu contorno social e nas actividades da comunidade, favorecendo a súa inclusión.

 

O servizo de “Formación e Integración en ocio e deporte”, formación e práctica para mozos/as con discapacidade, lévase a cabo grazas aos Programas de Cooperación da Xunta de Galicia, Garantía Xuvenil e Fondo Social Europeo. Este servizo pretende ser un proxecto integrador e reforzador do concepto tradicional de formación e aprendizaxe, ao mesmo tempo que permitirá ampliar a atención de persoas dependentes das comarcas de Barbanza, Noia e Sar. Baséase principalmente na actuación de asistencia e apoio nos distintos servizos que ofrece a entidade. Persoas mozas, incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, están a formarse na prestación de servizos de ocio e deporte, poñendo en práctica os coñecementos adquiridos, a través de actividades nas que participan persoas con discapacidade.