Un euro para plantar unha árbore

O funcionamento de Amicos Nature é moi doado. Por cada euro doado ao proxecto, a Asociación Amicos plantará un piñeiro do país ou outra especie que decida a persoa que doe.

Así:

1€ doado = 1 árbore plantada

100€ doados = 1 árbore plantada

1.000€ doados = 1 árbore plantada

Trátase dunha opción moi interesante para os programas de Responsabilidade Social Corporativa. As empresas ou institucións que contribúan poden recibir unha certificación de Amicos de que están a reducir a súa pegada ecolóxica contribuíndo a eliminación de dióxido de carbono (CO2) mediante a plantación de árbores.

As plantacións poden realizarse en calquera lugar das catro provincias galegas que o doador facilite. No caso de non dispor deles, Amicos tamén pode proporcionar os terreos para executar tales plantacións. A Asociación chegou a acordos para tal fin coas mancomunidades de montes da comarca do Barbanza.

Ademais, a Asociación, a través de Servizos(EIL), pode encargarse do mantemento das novas plantacións; pois mantén un cadro de persoal con moita experiencia en tarefas forestas formado por persoas con discapacidade supervisadas por técnicos especializados.

As empresas, administracións ou persoas patrocinadoras das plantacións recibirán o recoñemento público no propio monte, mediante carteis sinalizadores, e diante da opinión pública, mediante s a promoción do repoboamento nos medios de comunicación a través de notas de prensa e a súa difusión entre os miles de seareiros que gañou nas redes sociais.

Están interesado? Contacta con nós para concretar os detalles. E se prefires facer un pequeno donativo directamente, tamén o podes realizar en liña a través da nosa páxina web.