Reduce a túa pegada ecolóxica e axuda á integración laboral de discapacitados.

Esta iniciativa da Asociación Amicos busca combinar a integración social e laboral das persoas con discapacidade coa conservación do medio ambiente e a loita contra cambio climático.

Dende hai anos, Galicia sofre todos os veráns importantes incendios forestais. Segundo datos oficiais, entre 1976 e 2017 arderon máis de millón e medio de hectáreas nos montes do noso país.

A perda de masa forestal contribúe a perda de calidade do aire, pois estímase que cada árbore é quen de absorber parte dos gases tóxicos que emiten cada día até 100 automóbiles.

Ademais, a desaparición dos bosques empobrece o terreo, facilita os corrementos de terreo e supón un factor máis que contribúe ao despoboamento do noso medio rural. Supón tamén un dos motivos do quentamento global, unha das ameazas do temido cambio climático.

Amicos Nature pretende pór o seu grao de area para loitar contra estes problemas fomentando a repoboación dos nosos montes con árbores cultivados do noso Biocentro reducindo así a nosa pegada no clima. E asemade, ofrécese como axente para que outras persoas e entidades sen medios para realizar repoboacións de árbores tamén poidan aportar o seu grao de area.

Para tal fin, a clave é o Biocentro de Amicos, uns viveiros e terreos de cultivo forestal que Amicos botou a andar hai máis dunha década. O Biocentro está especializado en formar aos usuarios coas habilidades da agricultura ecolóxica, está certificado polo CRAEGA, e de tarefas forestais.

Este biocentro conta oficiais con varias certificacións de calidade. Amicos manifesta e asume o compromiso de protección do medio ambiente, facéndose patente o mesmo coa implantación do sistema de Xestión Ambiental en base ós requisitos da Norma UNE-EN ISO 14001, certificados por AENOR e internacionalmente por IQnet.

Nas súas instalacións, de máis de 5.000 metros cadrados, poden cultivarse árbores autóctonos (piñeiros, carballos, castiñeiros, etc.) co obxectivo de seren transplantados posteriormente nas zonas que sufriron incendios. Cultívase sobre todo piñeiro do país, unha especie autóctona que medra rápido e que se adapta a moitos dos ecosistemas das nosos comarcas.

O cultivo de árbores autóctonas neste ecoviveiro ofrece ás persoas con discapacidade intelectual a oportunidade de desenvolver uns hábitos de traballo axeitados. Lógrase, asemade, formalos para que a súa integración no mercado laboral sexa máis doada no sector forestal, unha das principais fontes de emprego no medio rural.

Como as labores de repoboación e mantemento serán realizadas polos usuarios de Amicos, a través da empresa vinculada Servicios E.I.L., lógrase así combinar dúas causas sociais:

 

  • Protección do medio ambiente.
  • Integración, neste caso laboral, das persoas con discapacidade intelectual.