Coidamos, guiamos e acompañamos ás persoas con discapacidade intelectual e ás súas familias

Na Área de Persoas traballamos para que cada persoa con discapacidade intelectual, autismo ou parálise cerebral conte cos apoios que precisa en cada etapa da súa vida. Acompañamos tamén ás súas familias, ofrecendo respostas adaptadas ás necesidades de cada persoa e favorecendo o seu benestar, autonomía e participación.

Onde acompañamos?

EDUCACIÓN E ATENCIÓN TEMPERÁ

Acompañamos o desenvolvemento das persoas desde a infancia, con atención educativa, temperá e especializada.

APOIO NO DÍA A DÍA

Ofrecemos apoios para desenvolver habilidades, autonomía e benestar nas actividades da vida diaria.

FORMACIÓN E INCLUSIÓN LABORAL

Creamos oportunidades de formación, ocupación e desenvolvemento de competencias para a vida e o emprego.

VIDA RESIDENCIAL - Fogar Amicos

Ofrecemos atención integral e permanente ás persoas que precisan apoio residencial.

Algúns datos relevantes

Ano 2025

18

Participantes
en actividades 
inclusivas

20

Actividades
inclusivas

5

Persoas 
atendidas en
apoio diúrno

5

Persoas atendidas no Fogar Amicos

2

Persoas atendidas en atención temperá e especializada

2

Persoas atendidas en apoio educativo


Algúns datos relevantes

Ano 2025

20

Participantes en actividades inclusivas

20

Actividades inclusivas

5

Persoas atendidas en apoio diúrno

0

Persoas atendidas no Hogar Amicos

0

Persoas atendidas en atención temperá e especializada

0

Persoas atendidas en apoio educativo

Persoas que coidamos a persoas e ao planeta

Dende 20,00€


Co teu apoio, axudas a Zeinabu a participar nunha sesión de estimulación que esperta os seus sentidos e favorece o seu benestar, contribuíndo a mellorar o seu día a día e a súa calidade de vida.
+ 328 doacións

Dende 25,00€

Co teu apoio, axudas a Isabel a recibir un tratamento personalizado que combina terapia manual e exercicios de mobilidade para reducir a dor, fortalecer as articulacións e mellorar a súa autonomía física.
+276 doacións

Dende 25,00€



Co teu apoio, María exercita
a fala, a comprensión
e a deglutición, mellorando
a súa comunicación e
o seu día a día.
+ 142 doacións

Dende 25,00€


Co teu apoio, Adrián participa en sesións de aprendizaxe dixital que, a través do xogo, reforzan a súa memoria, comunicación e habilidades dixitais.
+ 295 doacións

Dende 15,00€


Co teu apoio, Javier e
José avanzan cara á
inclusión laboral,
gañando autonomía e
competencias profesionais.
+ 321 doacións

Dende 10,00€


Co teu apoio, Iago desenvolve habilidades básicas
do día a día,
gañando autonomía, seguridade e confianza en si mesmo.
+ 178 doacións