Formación

A nosa entidade entende a formación como un dos vehículos esenciais para acadar a integración en igualdade dos nosos usuarios e usuarias. Non só desde accións concretas destinadas ás persoas con discapacidade intelectual, senón tamén por medio de iniciativas de formación continua enfocadas a que os/as nosos/as profesionais poidan ampliar os seus coñecementos e desenvolver novas actividades (o proceso de formación continua dos nosos traballadores e traballadoras mellora a calidade do servizo ofertado, dando a oportunidade tanto a usuarios coma a profesionais de ampliar coñecementos e desenvolver novas actividades).

A nosa entidade entende a formación como un dos vehículos esenciais para conseguir a integración en igualdade dos nosos usuarios e usuarias. Non só desde accións concretas destinadas ás persoas con discapacidade intelectual, senón tamén por medio de iniciativas de formación continua enfocadas a formación continua enfocadas a que os/as nosos/as profesionais poidan ampliar os seus coñecementos e desenvolver novas actividades.

Aplicando un plan anual, o proceso de formación continua dos nosos traballadores e traballadoras mellora a calidade do servizo ofertado, dando a oportunidade tanto a usuarios como a profesionais de ampliar coñecementos e desenvolver novas actividades.

Os usuarios, ademais da formación ocupacional relacionada co servizo de emprego, reciben formación personalizada mediante titorías co fin de coñecer as súas capacidades e dotalas de máis ferramentas e potencialidades que contribúan a aumentar a súa autonomía na vida diaria e a súa calidade de vida.

Entre os obradoiros que ser realizan habitualmente están os de serigrafía, manipulación de alimentos, envasado de conservas, bixutería, coiro, barro, lectoescritura, expresión dramática, creatividade, etc.
Con estas actividades, lógrase que os usuarios desenvolvan unha serie de rutinas e deberes destinados a preparalos eventualmente para un paso adiante posterior cara o campo laboral. Ao mesmo tempo, os talleres cumpren tamén un importante papel rehabilitador, fomentando hábitos positivos e a comunicación e interrelación entre os compañeiros e compañeiras de cada un dos grupos establecidos.

Formación adaptada a demandas laborais

No ano 2011, a ASOCIACIÓN AMICOS aumentou o alcance da súa certificación, incluíndo na mesma á Formación Ocupacional. Ofrécese formación específica para aquelas persoas que conten con posibilidades de optar a unha oferta laboral concreta

Aquelas persoas con discapacidade intelectual con posibilidades de inserción laboral e que presenten características e competencias adaptadas para algunha demanda de traballo concreta, reciben a formación axeitada para asistir á correspondente entevista de traballo. Ademais, instrúeselle naquelas capacidades precisas para o desempeño do posto de traballo en cuestión, no caso de resultar seleccionados.