Amicos é unha asociación sin ánimo de lucro para atención e integración de persoas con discapacidade intelectual, autismo, parálise, dano cerebral e ás súas familias.

Está recoñecida como prestadora de servicios sociais pola Xunta de Galicia (nº rexistro -2000/005362/1), e declarada de Interese Público (BOE 28 de setembro do 2006).

ALGO DE HISTORIA

AMICOS xorde no ano 2000, da man dun grupo de pais e nais movidos pola necesidade de crear un centro que atendese de xeito profesional as necesidades dos seus fillos e fillas, con graves discapacidades intelectuais. Así, tras anos de esforzos, en 2004 abría as súas portas o CENTRO DE DÍA DA ASOCIACIÓN AMICOS, converténdose no único centro homologado pola Consellería de Familia da Xunta de Galicia na comarca do Barbanza.

No 2007 puso en marcha o CENTRO OCUPACIONAL, no que se realizan actividades formativo-ocupacionais para persoas con discapacidade intelectual que lles permitan loitar pola súa inserción socio-laboral..

Xa en 2008, atendendo ás necesidades dos familiares de persoas con discapacidade menores de idade, e á gran demanda de atención directa a este colectivo, AMICOS pon en marcha un CENTRO DE EDUCACIÓN ESPECIAL.

Entrado no ano 2014, vimos culminado un dos nosos soños: a posta en funcionamento do Fogar Amicos para persoas con discapacidade, autismo e dano cerebral para que non dispoñan do apoio necesario, tanto eles como as súas familias. A súa culminación, non constituirá unha meta, senón un paso máis no longo camiño que AMICOS ten por percorrer, na procura do benestar das persoas con discapacidade intelectual.

OBXECTIVOS

  • Darnos a coñecer como recurso de apoio e axuda para as familias de persoas con discapacidade intelectual.
  • Traballar para favorecer o desenvolvemento integral das persoas con discapacidade intelectual.
  • Dotar as persoas con discapacidade intelectual de coñecementos instrumentais básicos e habilidades sociais que faciliten a súa integración no mundo laboral.
  • Loitar por integrar socialmente ao colectivo con discapacidade intelectual, ofrecéndolle os recursos psicosociais necesarios.
  • Promover a atención e a formación ocupacional das persoas con discapacidade intelectual.
  • Asesorar, apoiar e formar ás persoas con discapacidade intelectual e ás súas familias.
  • Poñer en coñecemento da sociedade a realidade das persoas con discapacidade intelectual, por medio de xornadas de integración, vistas a centros de ensino, etc.