Saimos de Amicos cargados de enerxía, temos ganas de facer o percorrido ata Santiago, pero como o importante é o Camiño, imos pensando nos lugares onde faremos paradas e as historias que alí atoparemos, tanto de persoas como de recunchos máxicos.
O que máis ilusión nos fai é poder coñecer a xente, afondar nas súas historias e nas dos seus lugares.
Imos aprender moitas cousas nesta viaxe, pero sobre todo imos gañar confianza e perder a vergoña de preguntar e saber máis.
A primeira parada son os viñedos, non podíamos pasar por Meis sen coñecer a fondo os seus cultivos vínilos, que tanta calidade teñen.

Alí, coñecemos a Remedios, unha muller labrega, que leva toda a súa vida ao coidado das viñas.
Contounos todo o proceso do coidado da uva e enconmedounos os lugares máis destacado de Meis, que non podíamos perder por nada do mundo.
Primeiras impresións.
Seguindo as recomendacións de Remedios, visitamos o Mosteiro da Armenteira, co seu impoñente pórtico do século XVI, e paseamos baixo os arcos de pedra do claustro.
Percorremos a beira do río Armenteira seguindo a Ruta da Pedra e da Auga. Pasamos xunto ao antigo lavadoiro e cruzamos a ponte, onde vimos os distintos paneis que sinalan a variante do Camiño Portugués a Santiago.
Finalmente, chegamos á Aldea Labrega, onde visitamos as casas e sacamos fotos coas figuras de pedra.
Esta xornada respiramos aire puro e paz. Non lle podemos pedir máis a esta mañá.
Seguimos Camiño!! Gracias Remedios por todas as ensinanzas que nos deches hoxe.