E chegou o gran día! Por fin puidemos estrear a mediometraxe, froito de moitas semanas de traballo.
O evento de estrea para este proxecto proxecto para este Xacobeo 2021 – 2022 foi no Auditorio de Abanca de Santiago de Compostela.
A gala de estrea foi presentada polos propios protagonistas da mediametraxe, Carolina Castro e Marcelino Romero. Contaron con dous axudantes moi especiais no escenario, Noelia Rey e Fran Cañotas, presentadores da Televisión de Galicia

Ao acto acudiu Cecilia Pereira Marimón, Comisaria do Xacobeo e Fernando González Abeijón, Director Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia.
Tamén nos acompañaron as alcaldías da zona: Gumersindo Guinarte, Concelleiro de Santiago e responsable de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo; José Santiago Freire, Alcalde de Noia; Ramón Tojo, Alcalde Rois; Marta Giráldez, Alcaldesa de Meis; Xosé Lois, Alcalde Pobra do Caramiñal; María José Sampedro, Teniente Alcalde de Ribeira e Juan Manuel Vidal, Alcalde do Concello de Pontecesures.
Os nosos reporteiros foron arroupados polos compañeiros e outros membros de Amicos, así como os seus familiares. Máis de 150 persoas non quixeron perderse esta estrea no Auditorio de Abanca de Santiago.
Ao rematar a proxección, Xoán España, director da Asociación, quixo darlle os parabéns aos protagonistas: “Seguimos a prol do camiño da inclusión, que para nós é o máis importante. A discapacidade mostrou unha vez máis que é un motor de cambio.
Tamén subiu ao escenario Cecilia Pereira indicando que fora o proxecto máis bonito que vira ata o momento. “Gracias por participar en O Teu Xacobeo con este Proyecto tan emocionante, creo que hoy todos hemos descubierto sitios que no conocíamos”.

Fernando González Abeijón indicoulle aos nosos protagonistas que podían presentarse aos Premios Óscar: “Non dubidada de que ía ser un proxecto de gran calidade feito por Amicos”.
Para pechar o acto, houbo dúas actuacións musicais en directo. A primeira foi realizada por Diego Ruibal, técnico da Asociación que lle puxo a voz e a música á mediametraxe e a esta noite cunha canción composta por Marcelino. Os dous formaron o tádem perfecto para lle por música ao proxecto.

E para rematar, Marcelino e os seus compañeiros pecharon cunha foliada de gaita, bombo e tambor, para por o broche final a este día tan especial para a Asociación Amicos.
© 2026 Reporteiros no Camiño. Construido utilizando WordPress y el Materialis Theme