Comoxo 2A, Boiro - A Coruña
981 865 716
hola@amicos.org

Terceira parada: CATOIRA

Atopámonos no Concello vikingo de Catoira. Como non podía ser doutra forma, para chegar aquí fixémolo en barco, un velero no que atravesamos parte da Ruta Xacobea do Mar de Arousa, onde se atopan diferentes cruceiros que marcan o camiño que atravesou o corpo do Apóstolo Santiago.

Cando atracamos o veleiro, fomos aá taberna do noso próximo entrevistado, o Galeón Vikingo.

Alí esperábanos Fernando Rial, o máis vikingo de Catoira. O seu bar enxebre está decorado completamente con temática vikinga.

Contounos as historias e lendas da romaría que se fai todos os anos nesta zona, onde se produce a representación do desembarco vikingo que se produxo en Catoira. En cada edición xúntanse moreas de persoas de todo o mundo para presenciar e desfrutar desta popular romaría.

As Torres do Oeste

Despois de despedirnos de Fernando, seguindo os seus consellos acercámonos ás imponentes Torres do Oeste, as cales eran chave e sello da entrada á Santiago por mar.

Tamén pasamos polas marismas e o paseo que forma a desembocadura do río Ulla.

Agora toca dirixirnos á nosa próxima parada, o Concello con historia romana de Pontecesures.

Seguimos Camiño!! Gracias a Fernando por falarnos tanto da historia vikinga de Catoira, e por eses pinchos de tortilla que nos deron forzas para seguir.

IMG-20210531-WA0013
IMG_0553 (1)
IMG_0528
IMG_20210510_104946