Marcelino vive no centro Amicos desde fai 4 anos. É unha persoa moi entusiasta e traballadora. Gústalle cultivarse de coñecementos, como a escritura e a lectura. Escribe os seus propios poemas e vivencias.
Marce leva consigo unha carro de experiencias, traballou de camareiro, futbolista, adestrador de fútbol, tocando o bombo e a gaita, e por suposto escribindo.
Fixo 7 veces o Camiño de Santiago, polo que xa é todo un experto na materia. Incluso traballou como voluntario nalgúns albergues do Camiño. Aínda que esta vez vai a ser diferente…
Carolina Castro
Carol é unha persoa experta en superar a adversidade. Tras sufrir un accidente de pequena, conseguiu saír adiante e grazas á súa forza demostrou que nada pode detela.
Unha das cousas que máis lle gusta é camiñar e pasear, sobre todo ao lado da súa nai, a persoa que máis quere no mundo. Cada vez que fala dela faino con moita emoción.
Nunca fixo o Camiño de Santiago, polo que esta viaxe é un soño para ela. Coa experiencia de Marcelino e as entrevistas de luxo que vai facer non hai dúbida de que esta senda será un antes e un despois na súa vida.
Federico Rey
Federico é un recoñecido actor galego, e é unha persoa moi comprometida coas causas sociais. Coñece a Amicos desde fai anos, e quere axudar a Marce e a Carol a ser actores.
Para conseguilo deciden montar un taller actoral, e como Federico non é moito de teoría, proponlles como clase práctica convertírense en reporteiros no Camiño.
Federico e outros chicos de Amicos esperarán impacientes a chegada de Marce e Carol ao seu destino, a Catedral de de Santiago.
Remedios Moimenta "Reme"
Remedios é unha auténtica experta viticultora. Cando era xove marchou a Suiza co seu marido a buscar un futuro mellor. Pero unha vez regresou a Galicia comezou a dedicarse ao mundo do viño e agora coñece todos os trucos.
Vaille explicar a Marce e Carol todos os secretos das cepas do albariño, e os tres farán moi boas migas.
Como natural do Concello de Meis explicaralles os lugares máis emblemáticos por onde pasa o Camiño de Santiago, para que os nosos protagonistas os podan visitar.
Carlos Blanco e Rui
Carlos Blanco é un coñecido actor galego, e Rui é un bo amigo seu. Ambos residen na Illa de Arousa, polo que coñecen á perfección toda a zona.
Encotraranse cos nosos protagonistas na fábrica de conservas Goday, que agora é un museo da conserva, onde lles contarán a Marce e a Carol moitas anécdotas interesantes.
Para rematar recomendaranlles lugares de visita obligada no Concello de a Illa.
Fernando Rial
Non hai alguén en Catoira que sinta máis a Romaría Vikinga que o noso amigo Fernando. O seu bar enxebre o Galeón Vikingo é archiconocido nesta zona, e está enteiramente adicado á temática vikinga, incluso a súa barra é o casco dunha embarcación!!
Os nosos chicos charlarán con Fernando para descubrir a historia da taberna e desta romaría tan singular que ten cita todos os anos en Catoira.
E por suposto, Fernando guiaraos polos lugares emblemáticos do Concello, para que así non perdan ningunha visita importante no seu camiño.
Manuel Vázquez
Pontecesures ten unha grande historia romana, e Manuel e todo un coñecedor da mesma. Este historiador sabe ben toda a historia do Concello, é un auténtico libro aberto.
Marce e Carol escoitarán atentamente as súas historias baixo o Pino Manso, que lle da nome ao mirador onde se atoparán.
Manuel recomendaralles lugares interesantes polos que pasar antes de chegar ao seguinte punto.
Gonzalo Rivero
O pazo de Faramello é un dos máis fermosos de Galicia. A poucos km de Santiago encóntrase este lugar máxico que parece sacado de un conto de fadas.
O pai de Gonzalo era o dono deste pazo, polo que agora é el o que o xestiona.
Contaralles a historia do pazo e daralles algúns consellos no seguinte paso, xa queda menos!
Camilo Seira
No concello de Rois todo o mundo coñece a Camilo. Escultor, pintor e entallador, ten un grande taller na súa casa onde elabora todas as súas obras, e cun auténtico zoolóxico que tamén lle serve de inspiración.
É un bo amigo de Marcelino, polo que este invitará aos reporteiros a durmir no seu fogar, para poderes descansar previamente á última etapa do camiño.
Marce e Carol quedarán asombrados coa súa sabedoría e as historias que lles vai contar o famoso escultor.