Comoxo 2A, Boiro - A Coruña
981 865 716
hola@amicos.org

Quinta parada: ROIS

A nosa última parada antes de chegar a Santiago é o concello de Rois, onde visitaremos o Pazo do Faramello acompañados por Gonzalo.

A historia do Pazo Faramello

O dono do Pazo contounos a historia deste lugar tan fermoso. É moi peculiar, diferénciase de outros porque non ten unha orixe defensiva como podería ter outra quinta. 

Foi feito por un marqués italiano que estaba facendo o Camiño de Santiago. Namorouse dunha santiguesa e voltou de Italia construindo unha fábrica de papel neste lugar: A Real Fábrica de Papel Faramello.

O sendeiro que vai paralelo ao río do pazo é o Camiño de Santiago da Ruta Traslatio Xacobea, por onde pasou o corpo do Apóstolo.

Gonzalo recomendoumenos as casas de pedra na Aldea de Angueira, e subir ao Castro Lupario.

Segundo conta a lenda, esta era a residencia da mítica Raíña Lupa.

O entorno natural de toda esta zona pareceunos máxico.

Un escultor moi especial

Xa que estabamos en Rois, decidimos pasar pola casa dun antigo amigo: Camilo.

El controunos o seu traballo como escultor, gústalle traballar diferentes temas e con varios materiais. 

Madeira, pedra, resina, aluminio, coiro, sempre está mesturando materiais moi diferentes.

Camilo recordou algunha anécdota cando ía tocar foliadas xunto a Marcelino.

El vive nun lugar moi especial. O seu taller é unha antiga torre medieval por onde se viaxaba o Camiño, polo que a ruta de Santigo orixinal pasaba pola súa finca.

Como xa levabamos moito camiñando, dormimos na súa casa.

A verdade e que Rois sorprendeunos polas súas paisaxes, natureza, lendas, historias e maxia, moita maxia.