Continuamos a viaxe polo río Ulla en dirección Pontecesures. O noso seguinte entrevistado será Manuel Vázquez, un historiador moi interesante da zona.
Manuel explicounos a parte histórica da zona, contounos que o Porto de Pontecesures é anterior a época romana, construise a partir do ano 15, datado gracias á aparación dun miliario. É o unico porto romano en Galicia do interior, que conectaba con Roma.
A chegada do Apóstol por Pontecesures foi técnica. Tiñamos o Santiaguiño que era un centro animista de culto celta, era onde el se dirixía a predicar. É o que deu orixe a toda historia posterior.
Os discípulos voltaron a traer o seu corpo a zona onde el pasara predicando.
As mellores vistas de Pontecesures
Para Manuel, as mellores vistas son as da Ponte, que ademais a parte de abaixo do río están enlousada como un rúa convencional. É unha ponte que ten 2.000 anos e ata entón non se fixo unha mellor e con tanta historia.
Tamén temos unhas bonitas vistas dende o monte Xirimbao e o monte de Meda, que ten as vistas máis altas. Pódese ver o mar.
Pontecesures é un porto interior metida na auga do mar, nunha ría.