Comoxo 2A, Boiro - A Coruña
981 865 716
hola@amicos.org

Última parada: SANTIAGO DE COMPOSTELA

Como bos peregrinos, realizamos a pé a última etapa do Camiño ata a Praza do Obradoiro, onde nos agardaba unha sorpresa moi especial.

Foi unha alegría ver que nos recibían o noso querido profesor de teatro Federico Rey e os nosos compañeiros Javier e Adriana. Esta estapa e esta experiencia tan marabillosa chegaba ao seu fin.

Carolina tiña un sorriso de orella a orella, sentíase moi contenta e orgullosa de haber completado o camiño. Non sabería con que momento quedarse porque lle gustou todo.

Na cara de Marcelino tamén se notaba a súa alegría, ademais que viviu esta experiencia acompañado de Carolina, unha compañeira fantástica. El quedaríase co trato con todas as personas. O lugar que máis lle gustou foi o Pazo Faramello e como non a casa do seu amigo Camilo, ese recontro despois de cinco anos non o cambiaría por nada.

Despois de contarlle as súas aventuras a Federico, os tres dispuxéronse a disfrutar da Cidade de Pedra e os seus encantos.

O Camiño chegou ao seu fin, saíndo de aquí como aventureiros, reporteiros, xornalistas e actores. Todo é posible con ganas. A discapacidade mostrou unha vez máis que pode ser un motor de cambio.

Cumprimos O NOSO CAMIÑO INCLUSIVO!

Aquí vos deixamos a nosa mediatraxe que con tanto cariño fixemos. Esperamos que vos guste!