A Asociación Amicos, que na actualidade atende a máis de 120 persoas, acaba de lanzar o séptimo número de “Capacidade” (PDF). Trátase do boletín trimestral que informa das actividades deste colectivo sen ánimo de lucro que axuda ás persoas con discapacidade intelectual, autismo, parálise cerebral e as súas familias.

Nesta séptima edición de “Capacidade”, os temas principais son o campamento de verán deste ano e un curso de formación en conservación e mellora de montes que conseguiu a inserción laboral de dous alumnos.

Ademais, o protagonista da sección “Coñece a” é Pablo, precisamente un dos alumnos que conseguiron un traballo grazas ao curso de formación. A visita de dous conselleiros para coñecer a labor de voluntarios no Parque Nacional das Illas Atlánticas e a participación nos XII Xogos do Eixo Atlántico son outros dos temas deste boletín.