O Bosque do Grupo Puentes en Monte Pindo.

No verán de 2013 este emblemático lugar, un dos máis coñecidos da costa galega, sufriu un enorme incendio con máis de 2.500 hectáreas afectadas. Meses despois eses despois, Grupo Puentes en colaboración coa asociación Amicos, crea o proxecto “O Bosque de Grupo Puentes” co fin de recuperar o Monte Pindo dado o seu gran valor natural, paisaxístico e cultural. Os traballos de reforestación iniciáronse a principios de 2014 e plantáronse numerosas especies autóctonas grazas á participación da asociación Amicos, así como varios colectivos da comarca da Barbanza. Con este Proxecto o Grupo Puentes, grazas ao esforzo de todos, conseguiu recuperar 10 hectáreas da Rede Natura nas que se plantaron máis de 8.000 mil árbores procedentes da Asociación Amicos.

Máis información na web do Grupo Puentes.

Bosque de Galicia no Monte Gaias (Cidade da Cultura).

Durante 2015 a Asociación Amicos subministrou parte das árbores coas que a Fundación da Cidade da Cultura de Galicia comezou a repoboar este monte, situado ao carón de Santiago de Compostela, e que sirve de acceso ao famoso complexo arquitectónico e como exemplo de repoboación do monte con especies autóctonas.
Máis información na web da Cidade da Cultura.