En AMICOS somos conscientes de que unha gran parte do noso traballo debe estar orientado ao apoio, acompañamiento e atención das familias que teñen ao seu cargo a persoas con discapacidade intelectual.
Ofrecerlles aos familiares os recursos necesarios para afrontar tanto a realidade cotiá como outros problemas, dúbidas ou acontecemientos concretos.
Desde a asociación traballamos para acompañar, guiar, integrar, comprender e poñer en valor non só as persoas con discapacidade intelectual senón tamén as persoas que os rodean.
Intervencións
- Escola de pais
- Respiro familiar
- Asesoría xurídica
- Apoio psicolóxico
- Apoio domiciliario