Amicos contribúe a xerar oportunidades e ofrecer apoios aos proxectos de vida de persoas con discapacidade intelectual, con trastornos do espectro do autismo, con parálise cerebral, con dano cerebral e ás súas familias.
Traballa para conseguir a inclusión de cada persoa como cidadá de pleno dereito e promove a construción dunha comunidade diversa con conciencia medioambiental e respectuosa co seu patrimonio e cultura.
No 2023 será unha organización na que as persoas con discapacidade intelectual, con trastornos do espectro do autismo, con parálise cerebral, con dano cerebral e as súas familias, contarán con apoios en todas as súas etapas vitais que incrementarán a súa calidade de vida, e facilitará a promoción dos seus dereitos e inclusión na contorna.
Desenvolverá a súa actividade cun modelo de intervención no que as persoas, familias e comunidade ocupan o centro, e contará con persoas, medios, recursos económicos e alianzas para o seu desenvolvemento efectivo.