ACTIVIDADES DE OCIO

Aprender a desfrutar do tempo de ocio, resulta fundamental na sociedade actual, rexida polo estrés e polo traballo. As persoas con discapacidade intelectual non son unha excepción xa que tamén precisan dispor dun tempo para desfrutar e practicar as actividades que máis lles agradan para mellorar a súa calidade de vida e a das súas familias.

Coñecedores desta realidade, dende Amicos traballamos activamente para conformar un amplo programa de actividades, destinadas a mellorar o estado de ánimo, a capacidade física…, mediante a práctica de diversas disciplinas deportivas e actividades de lecer.

 

OBXECTIVOS

  • Descansar, divertirse e romper a rutina da vida diaria.
  • Dar a coñecer formas alternativas e atractivas para gozar do tempo libre.
  • Fomentar o coñecemento e disfrute dos lugares novos, así como de costumes diferentes os habituais.
  • Potenciar a participación das persoas con discapacidade nas actividades lúdicas que ofrece a sociedade.

ACTIVIDADES

Algunhas das actividades que realizamos son:

  • Campamentos
  • Visitas a aquarios, zoo, neve …
  • Asistir a concertos, teatro,….
  • Relaxación: balneario, termas
  • Praia, parques acuáticos…
  • Saídas e visitas culturais: monumentos da zona, museos, Casa das ciencias,….
  • Actividades sociais: ir a cafeterías, discotecas, festas…
  • Actividades medioambientais: excursións, sendas de montaña e costeiras, piscinas naturais, parques naturais…
  • Festas tradicionais: San Xoan, Magosto, Cabalgata de Reis, Romarías…

 

ACTIVIDADES DEPORTIVAS

A mellora do estado físico mediante a práctica deportiva e a adquisición de hábitos de vida saudable, é un factor moi importante para mellorar o autoconcepto e a autoestima das persoas con discapacidade intelectual para repercutir positivamente na súa integración na sociedade.

OBXECTIVOS

  • Evitar o sedentarismo
  • Mellorar o estado físico das persoas con discapacidade
  • Reducir o estrés.
  • Integración e adaptación na sociedade.

 

ACTIVIDADES

  • Natación.
  • Fútbol sala
  • Baloncesto
  • Petanca
  • Atletismosenderismo
  • Deportes alternativos: bolos, tiro con arco, quads
  • Deportes acuáticos: canoas….