A ENTIDADE

A asociación xuvenil, cultural, deportiva, e de promoción da saúde INTEGRADOS, é unha asociación multidisciplinar constituída por xoves traballadores, persoas con discapacidade intelectual e necesidades de apoio extenso e xeneralizado, familiares e amigos.
O noso obxectivo fundamental é a integración social das persoas con discapacidade, polo que intentamos concienciar á poboación máis nova da importancia do recoñecemento social e valoración deste colectivo, o que facilitará o seu acceso a unha sociedade normalizada, plural.

FINALIDADE

– Apoiar, asesorar, promocionar e prestar atención e seguemento ás persoas con discapacidade intelectual e necesidades de apoio extenso e xeneralizado.
– Asesorar e prestar apoio, tanto legal, administrativo como psicolóxico, ás familias das persoas con discapacidade intelectual e necesidades de apoio extenso e xeneralizado.
– Facilitar que sexan os máis novos quenes participen e fomenten todo tipo de actividades de cara á integración e normalización das persoas con discapacidade intelectual e necesidades de apoio extenso e xeneralizado.
– Organizar actividades encamiñadas ó desenrolo da cultura, ocio e deporte para nenos, xoves e adultos, autoxestionadas e deseñadas pola poboación máis nova, como se recolle nas directrices europeas de acción xuvenil.
– Dinamizar ó colectivo de persoas con discapacidade intelectual e necesidades de apoio extenso e xeneralizado (centrándose especialmente nos máis novos) mediante a realización de actividades culturais, medioambientais, deportivas e sociais.

ACTIVIDADES DE INTERES 

MEDIOAMBIENTAIS

Tentamos sempre ser consicientes da importancia de desenrolar actividades que sirvan como exemplo para potenciar as conductas de respecto, coidado, coñecemento e conservación do noso contorno natural. Todo isto permítelles ás persoas con discapacidade intelectual e necesidades de apoio extenso e xeneralizado. sentirse integradas no seu contorno, e desenvolver a capacidade de valoración do mesmo, o que inflúe de forma decisiva na súa autovaloración.

DEPORTIVAS

Tratamos de promocionar os deportes adaptados xunto con Special Olympics Galicia, e fomentar unha vida saudable. As actividades físicas e deportivas tamén teñen unha finalidade rehabilitadora – asistencial, xa que permiten a mellora do estado metabólico en xeral, corrixir os déficits do aparato locomotor, mellorar os reflexos e fomentar a integración e participación dos discapacitados nas actividades que realizan.

PROMOCIÓN DA SAUDE

Preténdese fomentar actividades e hábitos saudables e evitar, na medida do posible, conductas de risco para a saúde.
Este proceso permite que as persoas incrementen o control sobre a súa saúde.

 

 

 

DATOS DA ASOCIACIÓN XUVENIL INTEGRADOS

Entre os datos máis importantes e máis relevantes da Asociación Xuvenil INTEGRADOS, destacan o número de atendidos en actividades de ocio, tem-po libre e deporte así como os seus proxectos e as súas actividades.

O número de participantes en actividades de Ocio e Deportes achéganse a 70 persoas, das cales 50 son persoas con discapacidade intelectual e necesidades de apoio extenso e xeneralizado (máis do 75% de minusvalía).

Destácase de maneira importante a participación nas actividades de Ocio e Deporte de persoas con discapacidade intelectual e necesidades de apoio extenso e xeneralizado, chegando a ser esta un 70% dos participantes nas actividades organizadas.

A distribución dos grados de minusvalías das persoas con discapacidade intelectual e necesidades de apoio extenso e xeneralizado que participan en actividades de Ocio, Tempo libre e deporte é a seguinte:

CONTAS ANUAIS – INTEGRADOS 2019 

ESTATUTOS ASOCIACIÓN INTEGRADOS 

 

 

O noso obxectivo final e conseguir que as persoas con discapacidade encontren un oco na sociedade e se fagan participes dela.
Cambiar a visión que tradicionalmente se ten sobre a discapacidade e mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade e das sus familias.

Asociación Xunvenil Integrados.
Facendo felices ás persoas con discapacidade transformando as discapacidades en capacidades