¡UN EQUIPO DECIDIDO A CAMBIAR O MUNDO!

¿QUEN SOMOS?

Somos un equipo de profesionais especializados no apoio aos proxectos de vida de persoas con discapacidade intelectual, con trastornos do espectro do autismo, con parálise-dano cerebral e as súas familias.

Traballamos para acadar a inclusión de cada persoa como ciudadá de pleno dereito e promovemos a construcción dunha comunidade diversa, con conciencia medioambiental e respectuosa co seu patrimonio e cultura.

¿Gustaríache formar parte do noso proxecto?

O TEU TRABALLO TERÁ IMPACTO DIRECTO NA VIDA DE MOITAS PERSOAS.

¿QUE CHE OFRECEMOS?

FORMACIÓN

Un dos nosos valores de xestión é a mellora contínua.
Gustaríanos acompañarche na túa traxectoria profesional, por iso ofrecémosche formación constante e innovadora.

AMICOS TEAM

En Amicos as personas son o centro. Preocúpanos o teu benestar, por iso procuraremos ofrecerche as condicións que mellor se adapten ás túas necesidades.

Somos conscientes da necesidade de crear equipos sólidos e de mellorar a comunicación e as relacións entre os diferentes membros do noso persoal, por iso gústanos fomentar actividades que incrementan a cohesión do equipo e reforzan a confianza mutua.

CONTAMOS CONTIGO

Traballando en Amicos estarás nunha asociación referente no sector, que se atopa en pleno crecemento, e participarás nun proxecto que che permitirá continuar co teu desenvolvemento profesional.
Serás parte dun equipo novo, dinámico e con alto grao de especialización. E ademáis disporás dun plan de formación constante.

Ofrecémosche a posibilidade de desenvolver o traballo que máis che gusta, ben na nosa residencia, no noso centro de día, no noso centro ocupacional ou no noso centro de educación especial.

¡QUERÉMOSTE AQUÍ!

¡Queremos que formes parte dun equipo decidido a cambiar o mundo!

Vas ser responsable de moitos sorrisos, por iso, se eres una persoa agarimosa, comprensiva, responsable, empática e valente, e queres compartir e formar parte dunha grande familia, este é o teu sitio.

 

¡NON DUBIDES EN INSCRIBIRTE!