Retribucións
Ningún dos cargos directivos de Amicos recibe retribución algunha. Todos os cargos desempeñan a súa labor de xeito altruista.
Organigrama
Deixámosvos o organigrama da Asociación Amicos
Titulares da Xunta directiva da Asociación Amicos
Estatutos
Memorias de actividades
Auditoría
- Certificado de auditoría contable 2024 (PDF)
- Certificado de auditoría contable 2023 (PDF)
- Certificado de auditoría contable 2022 (PDF)
- Certificado de auditoría contable 2021 (PDF)
- Certificado de auditoría contable 2020 (PDF)
Balance e conta de resultados
Política de Calidade e Medioambiente da entidade
PROXECTOS
Convenio de Amicos e o Concello de Boiro
O proxecto de HUMANIZACIÓN DAS ESTANCIAS DA AMPLIACIÓN DO FOGAR AMICOS pasa por incidir non só no deseño e desenvolvemento de programas que saian ao paso das necesidades materiais non cubertas en moitas persoas, senón por incidir tambén na saúde e autonomía nas relacións, no respecto dos valores, no manexo dos sentimientos de frustración e de perda, no potenciamiento da autopercepción, etc.
O obxectivo é promover a dignidade intrínseca de todo ser humano, tamén a través do deseño. Esta dignidade é a base sobre a que sustentan empatía e respecto, permitindo recoñecer nas outras persoas a semellantes que contribúen coa súa personalidade e cualidades á construción dun mundo máis igualitario, xusto, amable e saudable.
Dende Amicos, entendemos que a participación das familias é imprescindible para evitarmos a institucionalización dos seus seres queridos, ou polo menos para evitar as consecuencias máis negativas que sobre as persoas usuarias este modelo de atención pode supoñer, e supón. O acceso das familias, o respecto á intimidade das mesmas no tempo compartido polos seus membros, a súa participación nos procesos rehabilitadores ou de emancipación dos seus parentes usuarios porén, implican un incremento dos espazos destinados ás mesmas: as salas de atención específica para ás familias que a través deste proxecto nos propoñemos habilitar.
E, do mesmo xeito en que as familias precisan dun espazo propio, o máis semellante posible, en intimidade e comodidade, a un fogar, en aras de mellorar a calidade de vida e a atención ás persoas usuarias.
01/01/2025-31/12/2025
A Fundación Amicos ten como obxectivo principal axudar e apoiar as persoas con discapacidade para a súa integración na sociedade, e no caso particular do Servizo de axuda integral para o emprego a persoas con discapacidade ou en risco de exclusión, busca a súa inserción laboral. Para isto creou un Servizo E.I.L que actualmente realiza actividades de formación na área da construción con persoas en risco de exclusión social.
A través deste Servizo integral de emprego realízanse as seguintes actividades:
- Formación prelaboral. Formación que sirva para que as persoas adquiran novos coñecementos que fomenten un sentimento de autonomía e utilidade.
- Intermediación laboral. Servizos de orientación e guía persoal para axudar as persoas con discapacidade de cara a un posible posto de traballo que se axuste as súas realidades e cir-cunstancias particulares e concretas.
01/01/2025-31/12/2025
Servizo de respiro familiar
O Servizo de respiro familiar apoia e serve de soporte ás familias da comarca que teñen un membro con discapacidade intelectual e dependencia.
A Asociación Integrados, co Servizo de respiro familiar, quere facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral dos membros das familias namentres se presta unha atención temporal e a curto prazo ao seu familiar con discapacidade, para iso, búscase que o familiar con discapacidade intelectual e dependencia poida acceder a actividades deportivas, culturais e medioambientais mentras as súas familias dispoñen dun tempo necesario para desenvolver unha vida familiar, laboral e social satisfactoria.
01/01/2025-31/12/2025
Nunha sociedade cada vez máis plural e diversa, detectar e desactivar os discursos de odio é primordial para evitar futuros conatos de violencia civil e o acirramento e persecución de colectivos completos, vítimas do prexuízo, a incomprensión e das actitudes antisociais.
Este proceso de prevención e detección cobra especial importancia entre as persoas en idade xuvenil, pois se ben non adoitan ser as vítimas primeiras destes discursos e delitos, si son as principais perpetradoras dos mesmos. Esa dualidade do colectivo xuvenil como vítima e agresor é especialmente perigosa, pois implica unha ausencia de conciencia sobre os propios actos e as consecuencias dos mesmos.
Para contrarrestar esta situación, Integrados propón unha batería de accións coordinadas con entidades locais, organizacións xuvenís e centros de ensino destinadas á comprensión, prevención e detección de delitos de odio e á xeración de espazos inclusivos de convivencia libres de violencias que contribúan a reforzar os vínculos comunitarios e a integrar, en harmonía, as diversas identidades nun ethos común.
DURACIÓN DO PROGRAMA: Xaneiro – decembro de 2026.
No desenvolvemento dos programas da entidade detectouse unha limitación clara no acceso e uso de recursos tecnolóxicos adaptados, tanto por parte das persoas beneficiarias como do equipo técnico e voluntario.
Esta fenda agrávase no caso das persoas con discapacidade intelectual, que ven limitadas as súas opcións formativas, comunicativas e de lecer se non dispoñen de dispositivos accesibles e adaptados ás súas necesidades cognitivas e sensoriais. É aquí onde cobra sentido este proxecto de investimento: garantir o dereito á participación, á aprendizaxe e á comunicación a través da dotación tecnolóxica adecuada, favorecendo o desenvolvemento de programas inclusivos de calidade.
A adquisición de equipamento como pizarras dixitais, táblets, ordenadores portátiles e soportes adaptados permitirá desenvolver actividades máis interactivas, personalizadas e motivadoras, mellorando a accesibilidade e os resultados educativos e sociais dos programas.
DURACIÓN DO PROGRAMA: Xaneiro – decembro de 2026.
A través do programa “Primeira Experiencia de voluntariado verde europeo de mozos/as con discapacidade” preténdese dar resposta a diferentes problemáticas, demandas e necesidades, dos mozos e mozas (con discapacidade) das áreas rurais: unha maior inclusión social, unha maior implicación e participación na comunidade, tomar partido e actuar ante os retos ambientais, ser corresponsables no coidado da natureza e no mantemento da biodiversidade da súa terra, e abrir unha xanela ao mundo mediante a colaboración con outras entidades europeas que lles permita unha transferencia de coñecementos e boas prácticas, na intención de dar un pulo á situación do colectivo, e ás propias oportunidades das que gozan ou non gozan os seus membros.
Ou o que é o mesmo: fornecer ás persoas con discapacidade dunha oportunidade de autorrealizarse favorecendo as causas comúns a partires dos coñecementos previos acumulados e por adquirir, vía transferencia e intercambio con outros mozos e mozas europeos.
DURACIÓN DO PROGRAMA: Xaneiro – decembro de 2026.
O programa “Ecobrigada de Voluntarios” é unha continuidade das iniciativas levadas a cabo en convocatorias anteriores (dende 2021), no marco das subvencións financiadas pola asignación tributaria do 0,7% do IRPF.
As “Ecobrigadas de Voluntarios” pretenden incidir nas comarca do Barbanza, Sar, Noia, Pontevedra, Caldas e O Morrazo, realizando actividades socio-culturais accesibles para todas as persoas e, en especial, ás persoas con discapacidade residentes no medio rural, expostas a un nivel maior de discriminación. Actividades de sensibilización e activismo ambiental nas que as persoas con discapacidade intelectual son parte activa, promovendo a súa integración social como referentes na contorna.
Trátase dun proxecto colaborativo que emprega a ciencia cidadá en colaboración co sector pesqueiro na procura dun modelo de desenvolvemento inclusivo baseado na conservación do entorno natural e mariño dentro da área de influencia do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.
DURACIÓN DO PROGRAMA: Xaneiro – decembro de 2026.
O obxectivo principal deste programa é promover o desenvolvemento das relacións interpersoais, ofrecer apoio ás familias e fomentar a integración das persoas con discapacidade. Trátase de transmitir valores fundamentais como a aceptación, o respecto e o sentido de pertenza á comunidade. Sendo a aceptación da discapacidade un factor directamente relacionado coa aceptación da perdida e, de forma paralela a un proceso de revalorización de capacidades e actitudes. O respecto e o sentido de pertenza á comunidade están fortemente relacionados con algunhas variables como son a autoestima e o apoio social, elementos fundamentais para a consecución dun maior índice de participación na comunidade e, en concreto, mediante actividades socio-culturais, de voluntariado, deportivas ou de competencias dixitais.
DURACIÓN DO PROGRAMA: Xaneiro – decembro de 2026.
O programa de “Autocoidado e empoderamento de mulleres con discapacidade”, que deu inicio en 2025 (IRPF 2024), grazas aos bos resultados, encamíñase a súa segunda edición.
Este programa céntrase na loita das dificultades e problemas que sofren as mulleres con discapacidade, como son:
- Acceso limitado a educación.
- Discriminación laboral.
- Violencia de xénero.
- Falta de servicios de saúde accesibles.
- Dificultades na autonomía persoal.
- Illamento social.
- Estigmatización e prexuízos.
- Dificultades na participación cívica.
A idea do programa non é outra que brindar as mulleres con discapacidade as ferramentas e apoio necesarios para vivir unha vida independente, autónoma e plena, libre de discriminacións e con igualdade de oportunidades.
DURACIÓN DO PROGRAMA: Xaneiro – decembro de 2026.
O obxectivo xeral do programa e dar apoio ás familias con membros con discapacidade intelectual ou autismo para facilitarlles unha mellor conciliación da vida persoal, familiar e laboral a través duns coidados e actividades de ocio adaptados ás necesidades particulares das persoas con discapacidade, e conseguir a máxima estabilidade familiar posible.
Entre os obxectivos específicos do programa podemos destacar:
- Fomentar o ocio inclusivo, con actividades que teñan en conta as realidades das persoas con discapacidade e autismo.
- Favorecer a permanencia no entorno familiar das persoas con discapacidade intelectual e dependencia, evitando ou retrasando a súa institucionalización.
- Mellorar a situación das persoas con discapacidade intelectual, a través da adquisición de novos coñecementos e hábitos saudables que incidan na súa inclusión social.
- Estimular e mellorar as relacións persoais, familiares e sociais. Desfacerse do estrés e fatiga acumulados. Proporcionarlles apoio emocional ás familias para evitar novas situacións de crise ou estrés.
DURACIÓN DO PROGRAMA: Xaneiro – decembro de 2026.
O programa ”Horizonte Blue de loita contra os lixos mariños e fomento da cidadanía activa” está enfocado á participación das persoas con discapacidade nos retos medio ambientais, tendo como eixo prioritario formalas e conciencialas sobre a situación da biodiversidade e a contaminación mariña na nosa contorna.
En primeiro lugar, o programa fornece de formación ás persoas con discapacidade para que poidan recoñecer os retos ambientais aos que nos enfrontamos. Unha vez realizadas as formacións pertinentes comeza o traballo de campo, combinando accións directas e de concienciación e sensibilización abertas a tódolos públicos, nas que as persoas con discapacidade asumen o rol de axentes ambientais e do cambio. Pechan o programa as actividades de valorización de refugallos en función do principio dos “5 R”.
DURACIÓN DO PROGRAMA: Xaneiro – decembro de 2026.
O “Programa de transición á vida adulta para menores con TEA” é un programa complementario de outros programas destinados á satisfacción das necesidades e dereitos tanto dos menores de idade como das persoas con discapacidade no seu conxunto, e que abranguen outras áreas tamén vinculadas á autonomía e a emancipación, como poden ser os programas vencellados á educación adaptada, á capacitación en habilidades e destrezas, á protección as persoas en risco especial de vulnerabilidade, e por suposto, todos aqueles que teñen por obxectivo a súa inclusión na sociedade, a súa inserción laboral e o combate da discriminación e os prexuízos que os envolven, atinxen e afectan.
O obxectivo principal do programa é o de ofrecer apoio e orientación a mozos e mozas con TEA e facilitar as ferramentas para acadar o máximo nivel de independencia posible, en función das particularidades, necesidades e capacidades de cada persoa, traballando para a consecución dun emprego que permita progresar na autonomía persoal, independencia e transición á vida adulta.
DURACIÓN DO PROGRAMA: Xaneiro – decembro de 2026.
O servizo de atención socioeducativa para familias é un recurso que ofrece apoio integral ás familias co obxectivo de fortalecer as súas habilidades parentais, mellorar a convivencia familiar e promover o benestar de todos os seus membros. En moitas ocasións, as familias enfróntanse a diversas necesidades e desafíos na súa vida cotiá, especialmente cando contan con dificultades económicas e outros riscos de exclusión asociados (especialmente incidiremos nas familias que conten entre os seus membros con persoas con discapacidade, TEA ou unha enfermidade mental).
O programa pretende actuar activamente no fortalecemento de habilidades parentais para abordar a crianza, a comunicación e a resolución de conflitos, o apoio en momentos de transición e minimizar o impacto negativo dos mesmos, o acceso aos recursos sociais dispoñibles na comunidade, o apoio a familias en situación de vulnerabilidade e o fomento da participación activa, proporcionando un maior sentido da responsabilidade e un sentimento de satisfacción.
DURACIÓN DO PROGRAMA: Xaneiro – decembro de 2026.
A transición á vida adulta é un proceso crítico na vida de calquera persoa, máis aínda para as persoas con discapacidade, estando este proceso salferido de desafíos adicionais. Moitas destas persoas viven en vivendas que non están adaptadas ás súas necesidades, o que limita a súa capacidade para desenvolver habilidades de vida independente e participar plenamente na súa comunidade. As barreiras arquitectónicas, a falta de accesibilidade e a ausencia de apoio na contorna son factores que contribúen á marxinalización destas persoas. A rehabilitación de vivendas preséntase como unha solución viable para mellorar a calidade de vida, evitar o illamento social e permitir a autonomía e facilitar o acceso a recursos que son fundamentais para unha vida adulta satisfactoria
O programa de REHABILITACION DE VIVENDAS PARA A PROMOCION DA VIDA AUTONOMA DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE preséntase como unha solución integral para abordar estas cuestións:
- Promovendo a autonomía a través da eliminación de barreiras físicas que limitan e impiden unha normal vida cotiá.
- Fomentando a inclusión social dende unha contorna accesible que permita e incentive a participación.
- Impactando na calidade de vida, influíndo positivamente na saúde mental das persoas beneficiarias.
DURACIÓN DO PROGRAMA: Xaneiro – decembro de 2026.
Mediante Servizo de rehabilitación de nenos e nenas con pluridiscapaciade perseguimos conseguir que os nenos e nenas que presentan trastornos no seu desenvolvemento, ou teñen risco de padecelos, reciban todo aquilo que dende a vertente preventiva e asistencial poida potenciar a súa capacidade de desenvolvemento e de benestar, posibilitando da forma máis completa a súa integración no medio familiar, escolar e social, asemade a súa autonomía persoal.
Isto conseguirase grazas a un traballo continuado, cuxos froitos iranse reflectindo e materializando progresivamente, incrementando as posibilidades de aprendizaxe, as potencialidades para adquirir novas ferramentas e habilidades, e procurándolles unha maior calidade de vida tanto ás persoas usuarias e directamente beneficiarias, como ás súas familias, atendendo ás necesidades que presentan os nenos con trastornos no seu desenvolvemento, sexan transitorios ou permanentes.
DURACIÓN DO PROGRAMA: Xaneiro – decembro de 2026.
O Servizo de Apoio Tutelar ten como obxectivo promover a inclusión das persoas con discapacidade intelectual como cidadáns/as de pleno dereito nunha sociedade máis xusta e solidaria, para o que é preciso fomentar a súa autonomía e autodeterminación, ofrecérllelos apoios específicos que precisen, visibilizar a súa realidade e potenciar a súa capacidade xurídica.
O programa parte dun enfoque de Planificación Centrada na Persoa (PCP), recoñecendo a dignidade individual e apoiando as decisións das persoas con discapacidade. Desta maneira, asegúrase que as persoas en situación de desamparo teñan acceso a máis oportunidades, recibindo recursos para un desenvolvemento cotián satisfactorio e información sobre os seus dereitos e obrigas xurídicas, médicas, laborais e sociais.
DURACIÓN DO PROGRAMA: Xaneiro – decembro de 2026.
O obxectivo principal do Programa de apoio ao emprego e ao emprendemento é reverter os procesos de exclusión social, favorecendo, mediante a elaboración de itinerarios personalizados, a incorporación ao mercado laboral. Fundamentalmente preténdese:
- Fomentar a integración de persoas en risco de exclusión no mercado laboral, proporcionando formación, capacitación e apoio para adquirir as habilidades necesarias para atopar e manter un emprego.
- Contribuír á redución das desigualdades socioeconómicas e brindar ás persoas en risco de exclusión a posibilidade de acceder a un emprego digno e estable, cara mellorar a súa calidade de vida.
- Potenciar a autonomía e o apoderamento das persoas participantes, axudándoas a desenvolver habilidades persoais, sociais e laborais que lles permitan tomar decisións informadas e ser activas na súa propia vida.
DURACIÓN DO PROGRAMA: Xaneiro – decembro de 2026.
O programa de ASESORAMENTO E ACOMPAÑAMENTO LABORAL A FAMILIAS QUE SE ENCONTRAN EN RISCO DE EXCLUSION SOCIAL está orientado a acadar a inclusión sociolaboral das persoas que se atopan nunha especial situación de fraxilidade e que, por tanto, precisan de apoios externos.
Mediante a realización de itinerarios de inserción sociolaboral, cunha formación e asesoramento adecuados, tentamos brindar a estas persoas a oportunidade de acceder ao mercado laboral mediante un emprego remunerado, avanzando en paralelo na inclusión social e na inserción laboral co obxectivo de que poidan levar unha vida independente e normalizada.
DURACIÓN DO PROGRAMA: Xaneiro – decembro de 2026.
Asesorar, formar e innovar no autoemprego para as persoas con discapacidade son os obxectivos do servizo de apoio ao emprendemento de persoas con discapacidade. Para iso é necesario a formación e experiencia, como a adquisición dunha serie de competencias persoais e sociais.
Os principios que regulan o servizo de apoio ao emprendemento que ofrecemos, establecen que as persoas recibirán durante todo o proceso orientación, asesoramento, información e formación axustados ao perfil do colectivo e facendo especial fincapé nas actitudes e habilidades persoais para o autoemprego.
DURACIÓN DO PROGRAMA: Xaneiro – decembro de 2026.
O programa de Innovación e desenvolvemento tecnolóxico mediante intelixencia artificial para a mellora da interacción comunicativa en persoas con discapacidade ten como finalidade xeral mellorar a calidade de vida, a autonomía e a inclusión sociocomunitaria de persoas con diversidade funcional que presentan severas dificultades na comunicación, especialmente aquelas en situación de vulnerabilidade ou exclusión social, mediante o deseño e desenvolvemento dunha ferramenta tecnolóxica baseada en IA adaptada ás súas capacidades expresivas.
O obxectivo xeral é desenvolver unha aplicación intelixente de comunicación asistida, personalizada e accesible, que empregue algoritmos de aprendizaxe automática para interpretar xestos, expresións faciais, sons e outros sinais non verbais, facilitando a interacción das persoas con discapacidade co seu entorno familiar, educativo e comunitario.
DURACIÓN DO PROGRAMA: Xaneiro – decembro de 2026.
O obxectivo de Ciencia e Tecnoloxía inclusiva é traspasar as barreiras dixitais e sociais, conseguindo o apoderamento das persoas con discapacidade para que se convertan en axentes activos na súa contorna.
A través da capacitación en ferramentas dixitais, procúrase non só pechar a fenda tecnolóxica, senón tamén fomentar a creatividade, a innovación e a participación cidadá. Este programa aspira a que cada participante non só adquira unha serie de habilidades técnicas, senón tamén unha mentalidade máis aberta e proactiva respecto ao ámbito dixital, capaz de transformar desafíos en oportunidades de aprendizaxe e superación.
DURACIÓN DO PROGRAMA: Xaneiro – decembro de 2026.
VIRTUAL-LAB DE EMPRENDEMENTO SOCIAL PARA MOZOS E MOZAS PERTENCENTES A COLECTIVOS VULNERABLES E/OU EN RISCO DE EXCLUSIÓN é un proxecto da FUNDACIÓN AMICOS que ten como finalidade a creación dun programa que fomente a cultura emprendedora, o autoemprego, a empregabilidade e a inserción laboral entre as persoas mozas pertencentes a colectivos vulnerables e/ou en risco de exclusión social.
DURACIÓN DO PROGRAMA: Xaneiro – decembro de 2026.
Se falar de accesibilidade é falar de igualdade de oportunidades, un centro accesible debe contemplar as necesidades – comúns e específicas – derivadas da diversidade. E iso inclúe os recreos, tanto o espazo no que se desenvolve coma as dinámicas que permiten interactuar e desfrutar aos menores durante este tempo de esparexemento a través do xogo.
O xogo é un instrumento indispensable de cara ao desenvolvemento cognitivo, sensorial e motriz dos nenos e nenas, permitindo ademais que adquiran autonomía, creatividade e valores en xeral que lles axuda a desenvolver a súa personalidade e habilidades sociais. No xogo aprenden a interactuar con outros, asimilan regras e valores positivos como a cooperación e o consenso, adquiren habilidades para a resolución de conflitos, controlan as súas propias emocións e, en xeral, aprenden a ser persoas máis cívicas.
DURACIÓN DO PROGRAMA: Xaneiro – decembro de 2026.
Biomans Taller Prelaboral é unha súa aposta pola integración e promoción integral das persoas en risco de exclusión, buscando o máximo desenvolvemento da súa personalidade a da súa adaptación ó mercado laboral.
Coa posta en marcha do Taller Prelaboral procúrase aplicar a experiencia adquirida na formación, a través dos cursos impartidos nestes anos (agricultura ecolóxica, manipulación de alimentos, viveirismo, serigrafía), dando un novo pulo ao proceso de inserción sociolaboral das persoas con discapacidade e colectivos vulnerables.
DURACIÓN DO PROGRAMA: Xaneiro – decembro de 2026.
O proxecto Escudo Térmico de Amicos ten por obxectivo mellorar a eficiencia enerxética e o confort térmico do Centro Residencial mediante a renovación da súa envolvente (fachadas e cubertas), permitindo reducir as fugas de calor no inverno e minimizar o aquecemento no verán.
Este proxecto é fundamental para garantir unha contorna máis habitable e grato para as persoas usuarias, garantindo unha temperatura estable, coas mínimas fluctuacións dentro da residencia.
A intervención tamén contribuirá a prolongar a vida útil do edificio, protexendo a súa estrutura fronte a humidade e outros axentes externos, o que incrementará a sustentabilidade e facilitará o mantemento a longo prazo das instalacións.
MONTE VIVO ENCE é un proxecto desenvolvido nos municipios de Marín, Poio e Pontevedra co obxectivo de contribuír á conservación dos montes e parcelas rurais mediante actuacións directas no territorio e accións de sensibilización ambiental dirixidas á poboación xeral, con especial atención á comunidade educativa e local.
O proxecto combina traballos de prevención de incendios forestais —como limpezas, rozas e silvicultura preventiva en parcelas forestais dos tres concellos— con actividades de concienciación orientadas principalmente a escolares de Poio, Pontevedra e Marín, co fin de reducir os impactos ambientais, sociais e económicos derivados dos lumes forestais e do cambio climático.
Así mesmo, MONTE VIVO ENCE aposta pola economía social e pola inclusión, promovendo a participación activa de persoas con discapacidade intelectual, ás que se lles ofrece a oportunidade de intervir no proxecto como axentes de cambio, visibilizar o seu potencial e avanzar na súa inserción laboral.
RUTAS SOCIAIS SOSTIBLES é un proxecto social que ten como finalidade combinar o activismo ambiental co turismo inclusivo mediante a xeración de espazos mixtos de convivencia entre persoas con e sen discapacidade, promovendo o benestar físico e emocional das persoas participantes, ademais da conciencia ecolóxica e social.
Trátase de poñer en valor o patrimonio etnográfico dos municipios de Marín, Poio e Pontevedra, realizando rutas accesibles na procura de muíños, piornos, fornos e outras construccións da arquitectura popular galega, desenvolvendo en paralelo o activismo ambiental e combatendo o illamento social que padecen moitas persoas con discapacidade, causa das barreiras e prexuízos que pesan sobre eles. Completan o proxecto obradoiros, exposicións e xincanas, tanto para os escolares convidados a participar como para as personas con discapacidade intelectual implicadas nel.
Ao longo dos obradoiros e actividades combinaranse a aprendizaxe vencellada á natureza co reforzo e desenvolvemento das interaccións sociais, nun ambiente de compromiso e convivencia.
COMPROMÉTETE COS ODS é un proxecto aniñado e desenvolto no marco do VI Plan Social ENCE Pontevedra 2025, que pretende:
- Xerar oportunidades de emprego para as persoas en situación de maior vulnerabilidade social (persoas con discapacidade, persoas novas residentes no rural, maiore de 45 anos, desempregados de longa duración, mulleres rurais…).
- Asegurar o recoñecemento, respecto e aplicación dos dereitos das persoas con discapacidade, promovendo comunidades máis inclusivas, nas que gocen de máis oportunidades e poidan desenvolver a súa autonomía e mellorar a súa calidade de vida.
- Impulsala economía social, o cooperativismo e a innovación social como instrumentos para a loita contra a pobreza e a exclusión social.
- Deseñar accións formativas, informativas e innovadoras adaptadas ás persoas en situación de maior vulnerabilidade, fornecendo de ferramentas e medio para podérense desenvolver laboralmente.
- Fomentar o liderado das mulleres, facendo fincapé naquelas que se atopan nunha situación de maior vulnerabilidade social (mulleres con discapacidade, vítimas de violencia de xénero, migrantes…).
Más Amicos do Mar é unha iniciativa que procura promovela participación activa da sociedade en actividades de protección e sensibilización e que se desenvolve nas rías de Arousa e Muros e Noia. Ademais, traballarase de xeito transversal na inclusión das persoas con discapacidade como motor de transformación social e ambiental. O proxecto ten como obxectivo xeral poñer en valor os ecosistemas acuáticos relacionados cos espazos intermareais e a súa recuperación ambiental, aplicando unha perspectiva de ecoloxía social que recoñeza o vencello entre estado de saúde do medio coa calidade de vida das persoas. Entre as actividades programadas atópanse actuacións de divulgación, concienciación e sensibilización, xornadas de retirada de refugallos nos areais das rías de arousa e Muros e Noia e obradoiros de valorización dos mesmos. Complementariamente, procúrase promover o sentimento e conciencia de corresponsabilidade na xestión dos recursos naturais asemade apoderar e dar voz as persoas con discapacidade como membros natos, activos e necesarios para a sociedade, temén perante os retos ambientais.
Dende 2018, o CEEPR Amicos desenvolve proxectos de sensibilización ambiental que poñen en valor á rapazada con discapacidade intelectual como axentes activos de cambio social pola sustentabilidade. A nosa localización na ría de Arousa, na contorna do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas, motivou a nosa implicación na concienciación sobre a contaminación mariña desde unha perspectiva inclusiva e solidaria.
Na presente edición, en liña cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030 e coa temática proposta por Voz Natura, o proxecto céntrase no cambio climático e no seu impacto sobre o medio mariño, con especial atención ao estado de conservación dos fondos mariños do PNMT das Illas Atlánticas, nomeadamente ás pradarías de canoucos, gorgonias e corais.
As actuacións inclúen obradoiros de educación ambiental, roteiros didácticos para a interpretación da paisaxe e da biodiversidade litoral, accións de recollida e valorización de residuos mariños, así como visitas educativas á lonxa de Ribeira e ao hospital de corais de Amicos para coñecer o proceso de recuperación e reintrodución destas especies no medio natural.
O Programa de mellora da empregabilidade e inserción socio-laboral para colectivos vulnerables ten como destinatarias a persoas de diferentes colectivos vulnerables, orientándose especialmente ás persoas con discapacidade (intelectual, física…), mulleres con baixa cualificación e de zonas rurais, menores de 30 anos con baixa cualificación, etc.
O propósito do programa é proporcionar ferramentas e apoios ás persoas beneficiarias para que poidan acceder ao mercado laboral, sempre mediante o desenvolvemento de itinerarios personalizados, adestramento de habilidades para o emprego, titorías e seguemento, formación dixital, prospección e mediación laboral… Para que, deste xeito, consigan un crecemento persoal, maior confianza, mellor coñecemento de si mesmos, autorrealización persoal e autonomía económica.
O libro viaxeiro trata dun proceso de creación literaria, no que partindo dun libro en branco, un alumno/a do CEEPR AMICOS dá comezo a unha historia, que páxina a páxina irán desenvolvendo os seus compañeiros e compañeiras. Unha vez todos os alumnos e alumnas realicen a súa achega, o libro viaxa a un novo centro, noutra comunidade autónoma, onde outra rapazada continuará a historia.
A excepcionalidade do proxecto radica en que O libro viaxeiro é un libro cognitivamente accesible, que non precisa de adaptacións, pois foi concibido para unha audiencia universal polos seus propios destinatarios: nenas e nenos de diferentes recunchos de España.
A segunda novidade, e que este é un libro concibido coma ponte entre as distintas linguas españolas, redactado en linguas minoritarias e proxectado ao conxunto da comunidade educativa en castelán.
Axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras (Programa Re-acciona), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027
O proxecto Ecosistema Dixital Amicos céntrase na implementación de tecnoloxías e estratexias dixitais para optimizar a captación de socios, voluntarios e embaixadores, mediante a automatización e a intelixencia artificial. Este avance tecnolóxico permitirá á organización profesionalizar a súa estratexia de comunicación e xestión interna, proxectando a súa misión a nivel estatal. A transformación dixital é crucial para adaptarse a un entorno cada vez máis tecnolóxico, mellorando os procesos e a interacción coa comunidade.
Os beneficiarios directos serán as melloras na xestión e eficiencia operativa, e os seus stakeholders, incluídos socios, voluntarios e embaixadores; os cales gozarán dunha experiencia mellorada e máis accesible na súa interacción coa organización. Este proxecto promete fortalecer a comunidade de AMICOS, ampliando o seu alcance e efectividade na consecución dos seus obxectivos sociais.
A Asociación Amicos leva a cabo o programa “Jóvenes Inserta2” da Convocatoria +Emprego Xuvenil, cofinanciada pola Fundación Bancaria “La Caixa” e polo Fondo Social Europeo, no marco do programa FSE+ de Emprego Xuvenil.
Realizáronse 4 módulos do Certificado de Profesionalidade de Limpeza de Superficies e Mobiliario en Edificios e Locais, co obxectivo de formar e orientar a 17 mozos e lograr a inserción laboral de 5 participantes.
Somos MÁS. Somos AMICOS é un proxecto que visa á plena inclusión das persoas novas mediante a normalización da súa participación na vida comunitaria, visibilizándoos e permitíndolles desenvolverse como membros de pleno dereito na súa contorna, contribuíndo ao desenvolvemento da súa plena autonomía e permitindo a súa autorrealización.
O proxecto artéllase arredor do lecer e do tempo libre, por entender que as persoas novas con discapacidade están infrarrepresentadas por causas múltiples na vida comunitaria (prexuízos, illamento, inadecuación de espazos e actividades…), malia que, como a educación ou o emprego, o tempo de lecer é trascendental na vida dunha persoa, tanto no relativo á socialización e crecemento persoal, como para a construción de identidades individuais e colectivas.
Como obxectivo principal do proxecto establécese a promoción e desenvolvemento das relacións interpersoais, o apoio ás familias e a plena inclusión das persoas con discapacidade.Trátase de transmitir valores fundamentais como a aceptación, o respecto e o sentimento de pertenza á comunidade (raizame); entendendo por aceptación da discapacidade un proceso de revalorización de capacidades e actitudes.
O programa de actividades inclúe accións de activismo medio ambiental (obradoiros, accións de retiradas de residuos e de exóticas invasoras, cine, xincanas…), deportivas (acceso a diferentes disciplinas deportivas), culturais (grupos de teatro e debate, club de lectura, participación comunitaria en festas e eventos, realización de roteiros…) e de manexo de novas tecnoloxías.
AMIRÍOS NAS AUGAS DE GALICIA – ZONA CENTRO é unha iniciativa que busca promover a participación activa da sociedade en xeral, e da poboación nova en particular, na conservación e mellora do estado dos nosos ríos. Ademais traballaremos de maneira transversal a inclusión das persoas con discapacidade como motor de transformación social e ambiental.
O proxecto ten como obxectivo xeral poñer en valor os ecosistemas acuáticos ligados aos ríos e a súa recuperación ambiental, aplicando unha perspectiva de ecoloxía social que vincule o estado de saúde do medio coa calidade de vida da poboación.
As actividades combinan as actuacións de divulgación, concienciación e sensibilización, coas que se pretende educar á poboación e promover comportamentos que contribúan a potenciar o valor ambiental dos ríos e a concienciar sobre a importancia da protección e conservación dos ecosistemas fluviais; coas actuacións de conservación, e mellora de diversos ríos pertencentes a demarcación hidrográfica de Galicia Costa, en concreto da zona hidrográfica Galicia Centro (ríos Sóñora, Artes, Tállara, Lérez, Sar e Quintáns).
O seu obxectivo é contribuír a restaurar os espazos fluviais sobre os que se actúe e mellorar o estado das masas de auga, acorde ás presións potenciais detectadas e medidas establecidas no plan hidrolóxico Galicia costa 2021-2027.
AMIRÍOS NAS AUGAS DE GALICIA – ZONA SUR é unha iniciativa que busca promover a participación activa da sociedade en xeral, e da poboación nova en particular, na conservación e mellora do estado dos nosos ríos. Ademais traballaremos de maneira transversal a inclusión das persoas con discapacidade como motor de transformación social e ambiental.
O proxecto ten como obxectivo xeral poñer en valor os ecosistemas acuáticos ligados aos ríos e a súa recuperación ambiental, aplicando unha perspectiva de ecoloxía social que vincule o estado de saúde do medio coa calidade de vida da poboación.
As actividades combinan as actuacións de divulgación, concienciación e sensibilización, coas que se pretende educar á poboación e promover comportamentos que contribúan a potenciar o valor ambiental dos ríos e a concienciar sobre a importancia da protección e conservación dos ecosistemas fluviais; coas actuacións de conservación, e mellora de diversos ríos pertencentes a demarcación hidrográfica de Galicia Costa, en concreto da zona hidrográfica Galicia Sur (ríos Umia, Lérez e Verdugo).
O seu obxectivo é contribuír a restaurar os espazos fluviais sobre os que se actúe e mellorar o estado das masas de auga, acorde ás presións potenciais detectadas e medidas establecidas no plan hidrolóxico Galicia costa 2021-2027.
PROGRAMA +CONVIVENCIA
A través do Servizo de Benestar Social da Deputación de Pontevedra creouse en 2024 o programa “+Convivencia”, co obxectivo de crear espazos de participación para as entidades da provincia de Pontevedra, onde poidan compartir experiencias e poñer en valor o patrimonio natural, artístico, etnográfico e cultural de proximidade. Este programa configúrase como un instrumento encamiñado ao fomento da participación, da convivencia e da cohesión social dos distintos colectivos sociais da provincia de Pontevedra.
ACTIVIDADE “PARQUE DA NATUREZA DE COTORREDONDO E ENSEADA DE SAN SIMÓN”
A xornada desenvolta pola Asociación Amicos consistíu nun compendio de actividades culturais e de lecer, programadas na contorna da Enseada de San Simón e nas cidades de Pontevedra e Vigo, e que permitiu aos nosos “amicos” e “amicas” gozar da súa natureza, patrimonio e paisanaxe, á par que avanzar na súa integración social.
Programa mulleres, discapacidade e prevención do maltrato ten como obxectivo apoiar a corenta mulleres en situación de especial vulnerabilidade a traves dun programa de recursos integrais de atención especializada estruturado en cinco bloques conforme as tarefas e contidos a desenvolver.
-
Identificación daquelas conductas, comportamentos e situacións que impliquen violencia contra as mulleres participantes.
-
Información real e actualizada sobre o maltrato.
-
Presentación e análise dos recursos e ferramentas institucionais a disposición e organización de apoios sociais.
-
Apoderamento das mulleres participantes mediante a mellora das habilidades para o emprego e mediante o fortalecemento de orientación laboral e motivación na procura, así como prol da súa autonomía financeira.
-
Apoderamento das mulleres participantes a través do reforzo e desenvolvemento de habilidades persoais e sociais básicas, na procura dun maior grao de autodeterminación e independencia.
Datas de execución: 01/09/2024-31/08/2025
Cuidamos de nuestros montes busca impactar de forma positiva no estado de conservación das masas forestais dos municipios de Poio, Pontevedra e Marín, tratando de previr os danos que causan os incendios forestais tanto a nivel local como global.
Para iso combínanse actuacións sobre o terreo, intervindo en diferentes parcelas forestais distribuídas entre os tres concellos, con actividades de concienciación e sensibilización destinados principalmente a escolares
Mediante este proxecto, Properdis promove a inclusión das persoas con discapacidade intelectual fomentanto a súa capacidade de intervir, visibilizarse e revelar o seu potencial á sociedade, convertíndose en axentes do cambio e dándollela oportunidade de insertarse laboralmente.
O proxecto Rutas sociales sostenibles ten como obxectivo o fomento da concienciación ambiental e a inclusión social nun entorno natural e de suma importancia para o noso patrimonio cultural a través de actividades interactivas cos centros educativos. Os obxectivos específicos son:
- Fomentar a integración e socialización das persoas con discapacidade intelectual e a súa actividade física nun entorno inclusivo, colaborativo e natural.
- Aumentar a sensibilización medioambiental d@s participantes a través da recollida de residuos e a identificación de especies autóctonas de fauna e flora.
- Aumentar a sensibilización medioambiental d@s participantes a través da recollida de residuos e a identificación de especies autóctonas de fauna e flora.
Instalacións de carpintería de Miña casiña meu lar
Próximamente finalizaremos a construción dun novo módulo residencial con 26 novas prazas destinadas a persoas con discapacidade intelectual e grandes necesidades de apoio. Este conta con dormitorios individuais e aseos adaptados, así como os espazos comúns e servizos necesarios para cumprir os novos estándares de calidade esixidos polas distintas administracións públicas.
Esta ampliación débese á alta demanda existente na área de cobertura do centro residencial. Este novo centro funcionará de maneira conxunta co resto de centros de apoio a persoas con discapacidade dos que dispón a entidade. Na planta baixa, situaranse 12 dormitorios individuais, todos eles con aseos e zona de control e unha sala polivalente, mentras que a planta primeira construíronse 4 dormitorios individuais.
Asesoramento e acompañamento laboral a familias que se encontran en risco de exclusión social
O programa de ASESORAMENTO E ACOMPAÑAMENTO LABORAL A FAMILIAS QUE SE ENCONTRAN EN RISCO DE EXCLUSION SOCIAL está orientado a acadar a inclusión sociolaboral das persoas que se atopan nunha especial situación de fraxilidade e que, por tanto, precisan de apoios externos.
Mediante a realización de itinerarios de inserción sociolaboral, cunha formación e asesoramento adecuados, tentamos brindar a estas persoas a oportunidade de acceder ao mercado laboral mediante un emprego remunerado, avanzando en paralelo na inclusión social e na inserción laboral co obxectivo de que poidan levar unha vida independente e normalizada.
Duración do programa: xaneiro-decembro de 2025
Servizo de apoio á rehabilitación de nenos e nenas con pluridiscapacidade
Mediante o Servizo de rehabilitación de nenos e nenas con pluridiscapaciade perseguimos conseguir que os nenos e nenas que presentan trastornos no seu desenvolvemento, ou teñen risco de padecelos, reciban todo aquilo que dende a vertente preventiva e asistencial poida potenciar a súa capacidade de desenvolvemento e de benestar, posibilitando da forma máis completa a súa integración no medio familiar, escolar e social, asemade a súa autonomía persoal.
Duración do programa: xaneiro-decembro de 2025
Programa de apoio ao emprego e ao emprendemento
O obxectivo principal do Programa de apoio ao emprego e ao emprendemento é reverter os procesos de exclusión social, favorecendo, mediante a elaboración de itinerarios personalizados, a incorporación ao mercado laboral.
Duración do programa: xaneiro-decembro de 2025
Servizo de apoio ao emprendemento de persoas con discapacidade
OO programa de SERVIZO DE APOIO AO EMPRENDEMENTO DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE tratará de facilitar orientación e información ás persoas con discapacidade para iniciar unha actividade empresarial mediante o autoemprego ou a creación dunha empresa.
Duración do programa: xaneiro-decembro de 2025
Servizo de apoio tutelar a persoas con discapacidade
O Servizo de Apoio Tutelar ten como obxectivo promover a inclusión das persoas con discapacidade intelectual como cidadáns/as de pleno dereito nunha sociedade máis xusta e solidaria, para o que é preciso fomentar a súa autonomía e autodeterminación, ofrecérllelos apoios específicos que precisen, visibilizar a súa realidade e potenciar a súa capacidade xurídica.
Duración do programa: xaneiro-decembro de 2025
Rehabilitación de vivendas para o fomento da vida independente da Fundación Amicos
O proxecto de Rehabilitación de vivendas para o fomento da vida independente destínase a promover unha Transición Gradual á Vida Independente a través de Vivendas Piloto ou de Proba para persoas con discapacidade, mediante a posta en funcionamento de dúas vivendas de carácter temporal que permitan aos beneficiarios experimentar a vida independente antes de facer unha transición completa á vida ordinaria, facilitándolles tódalas ferrramentas para afrontar este proceso. A maiores, buscamos crear programas de apoio progresivo nos que se estableza un enfoque gradual que brinde apoio e recursos a medida que as persoas beneficiarias avancen no seu proceso emancipador.
Duración do programa: xaneiro-decembro de 2025
Humanización das estancias da ampliación do Fogar Amicos
Promovela dignidade intrínseca de todo ser humano, tamén a través do deseño, constitúe o fundamento último de toda acción humanizadora. Esta dignidade é a base sobre a que sustentan empatía e respecto, permitindo recoñecer nas outras persoas a semellantes. Persoas que contribúen coa súa personalidade e cualidades á construción dun mundo máis rico, igualitario, xusto, amable e saúdable.
É por isto que o proxecto de HUMANIZACIÓN DAS ESTANCIAS DA AMPLIACIÓN DO FOGAR AMICOS pasa por incidir non só no deseño e desenvolvemento de programas que saían ao paso das necesidades materiais non cubertas en moitas persoas, senón por incidir tambén na saúde e autonomía nas relacións, no respecto dos valores, no manexo dos sentimientos de frustración e de perda, no potenciamiento da autopercepción, etc..
Sensibilización e concienciación para un desenvolvemento sustentable da AIS do PNMT das Illas Atlánticas de Galicia
Aprobado ao abeiro das axudas na área de influencia socioeconómica do PNMT das Illas Atlánticas de Galicia, para o ano 2025 (MT821A), este proxecto ten como obxectivo contribuír á conservación de hábitats terrestres de especies e da biodiversidade mediante a eliminación e control de especies exóticas invasoras.
De xuño a novembro de 2025.
Sensibilización e concienciación para un desenvolvemento sustentable da AIS do PNMT das Illas Atlánticas de Galicia
Aprobado ao abeiro das axudas na área de influencia socioeconómica do PNMT das Illas Atlánticas de Galicia, para o ano 2025 (MT821A), este proxecto ten como obxectivo contribuír á educación e sensibilización ambiental no municipio de Ribeira, territorio no que se desenvolven as actuacións, cooperando para un mellor coñecemento e maior compromiso por parte da sociedade de cara á conservación do patrimonio natural e da biodiversidade.
De xullo a novembro do 2025.
Amicos do Mar é unha iniciativa que procura promover a participación activa da sociedade mediante actividades de concienciación e sensibilización sobre as praias de Cabeiro, Boa Grande, Boa Pequena, Espiñeirido e O Pozo do río Sieira. Ademais, nel trabállase de xeito transversal a inclusión das persoas con discapacidade como motor de transformación social e ambiental.
Amicos do Mar ten como obxectivo xeral pór en valor os ecosistemas acuáticos de praias e ríos, promovendo a súa recuperación ambiental e aplicando unha perspectiva de ecoloxía social que vencelle o estado de saúde do medio coa calidade de vida da poboación. As actividades desenvoltas abranguen actuacións de divulgación, concienciación e sensibilización coas que preténdese educar á poboación, promover o respecto na nosa relación coa contorna e concienciar sobre a importancia da protección e conservación dos ecosistemas acuáticos. Tamén se busca dar voz e apoderar ás persoas con discapacidade nos retos ambientais, así como contribuír á consecución dos obxectivos do Plan Hidrolóxico Galicia costa 2021-2027 e dos ODS (Axenda 2030).
Implícate cos ODS é un proxecto concebido para a prosecución dos seguintes fins:
- Xerar oportunidades de emprego para as persoas en situación de maior vulnerabilidade social (persoas con discapacidad, mozas/os residentes en zonas rurais, maiores de 45, parados de longa duración, mulleres rurais, outros colectivos vulnerables e/ou en risco de exclusión).
- Asegurar o recoñecemento, respecto e desenvolvemento dos dereitos das persoas con discapacidade.
- Impulsar a economía social, o cooperativismo e a innovación social como instrumentos para a loita contra a pobreza e a exclusión social.
- Deseñar accións formativas, informativas e innovadoras adaptadas ás persoas en situación de maior vulnerabilidade.
- Fomentar o liderado das mulleres, facendo fincapié naquelas que se atopan nunha situación de maior vulnerabilidade social.
Rehabilitación de vivendas para a promoción da vida autónoma de persoas con discapacidade
A transición á vida adulta é un proceso crítico na vida de calquera persoa, máis aínda para as persoas con discapacidade, estando este proceso salferido de desafíos adicionais. Moitas destas persoas viven en vivendas que non están adaptadas ás súas necesidades, o que limita a súa capacidade para desenvolver habilidades de vida independente e participar plenamente na súa comunidade. As barreiras arquitectónicas, a falta de accesibilidade e a ausencia de apoio na contorna son factores que contribúen á marxinalización destas persoas. A rehabilitación de vivendas preséntase como unha solución viable para mellorar a calidade de vida, evitar o illamento social e permitir a autonomía e facilitar o acceso a recursos que son fundamentais para unha vida adulta satisfactoria.
Xaneiro – decembro de 2025
Autocoidado e empoderamento de mulleres con discapacidade
Este programa céntrase na loita das dificultades e problemas que sofren as mulleres con discapacidade, como son: o acceso limitado a educación, discriminación laboral, violencia de xénero, falta de servizos de saúde accesibles, dificultades na autonomía persoal, illamento social, estigmatización e prexuízos ou dificultades na participación cívica.
Xaneiro – decembro de 2025
Programa de transición á vida adulta para menores con TEA
O obxectivo principal do programa é o de ofrecer apoio e orientación a mozos e mozas con TEA e facilitar as ferramentas para acadar o máximo nivel de independencia posible, en función das particularidades, necesidades e capacidades de cada persoa, traballando para a consecución dun emprego que permita progresar na autonomía persoal, independencia e transición á vida adulta. Conducindo, as intervencións, ao desenvolvemento de relacións sociais e á participación na vida da colectividade e en actividades de tempo libre.
Xaneiro – decembro de 2025
Servizo de atención psicoeducativa de apoio ás familias
O servizo de atención socioeducativa para familias é un recurso que ofrece apoio integral ás familias co obxectivo de fortalecer as súas habilidades parentais, mellorar a convivencia familiar e promover o benestar de todos os seus membros. En moitas ocasións, as familias enfróntanse a diversas necesidades e desafíos na súa vida cotiá, especialmente cando contan con dificultades económicas e outros riscos de exclusión asociados (especialmente incidiremos nas familias que conten entre os seus membros con persoas con discapacidade, TEA ou unha enfermidade mental).
Xaneiro – decembro de 2025
Respiro familiar vinculado ao ocio inclusivo
O obxectivo xeral do programa e dar apoio ás familias con membros con discapacidade intelectual ou autismo para facilitarlles unha mellor conciliación da vida persoal, familiar e laboral a través duns coidados e actividades de ocio adaptados ás necesidades particulares das persoas con discapacidade, e conseguir a máxima estabilidade familiar posible.
Xaneiro – decembro de 2025
Horizonte blue de loita contra os lixos mariños e fomento da cidadanía activa
O programa ”Horizonte Blue de loita contra os lixos mariños e fomento da cidadanía activa” está enfocado á participación das persoas con discapacidade nos retos medio ambientais, tendo como eixo prioritario formalas e conciencialas sobre a situación da biodiversidade e a contaminación mariña na nosa contorna
Xaneiro – decembro de 2025
Programa ciencia e tecnoloxía inclusiva
A visión deste programa e traspasar as barreiras dixitais e sociais, conseguindo o apoderamento das persoas con discapacidade para que se convertan en axentes activos na súa contorna. A través da capacitación en ferramentas dixitais, procúrase non só pechar a fenda tecnolóxica, senón tamén fomentar a creatividade, a innovación e a participación cidadá.
Primeira experiencia de voluntariado verde europeo de mozas/os con discapacidade
A través do programa “Primeira Experiencia de voluntariado verde europeo de mozos/as con discapacidade” preténdese dar resposta a diferentes problemáticas, demandas e necesidades, dos mozos e mozas (con discapacidade) das áreas rurais das bisbarras do Barbanza, Noia, Sar, Caldas e Pontevedra.
Ecobrigada de voluntarios
O programa “Ecobrigada de Voluntarios” é unha continuidade das iniciativas levadas a cabo en convocatorias anteriores (2021 e 2023), no marco das subvencións financiadas pola asignación tributaria do 0,7% do IRPF. A situación de partida sobre a que se deseña o programa é a crise ambiental, manifesta, neste caso, nos residuos, na contaminación mariña, e na alteración dos hábitats da nosa contorna pola presenza de especies exóticas invasoras, e outros impactos ocasionados por actividades humanas.
Programa de participación coa comunidade para a integración de persoas con discapacidade
O programa “Actividades de Participación coa Comunidade” é unha continuidade das iniciativas levadas a cabo nas seis convocatorias anteriores (2018, 2019, 2020, 2021 ,2022 e 2023). O obxectivo principal deste programa é promover o desenvolvemento das relacións interpersoais, ofrecer apoio ás familias e fomentar a inclusión das persoas novas con discapacidade. Este programa inclúe: actividades na rede, deportivas, socio-culturais e de lecer e activismo medio ambiental.
Servizo Residencial de Emerxencia Social.
O servizo residencial de emerxencia social é un servizo ininterrompido, 24 horas ao día, os 365 días do ano. Trátase dun servizo de atención integral permanente ou transitoria para persoas con discapacidade intelectual
en situación de desamparo, sen fogar, que precisan dunha atención continuada e especializada como apoio ao proceso de recuperación das súas capacidades e mellora na prestación dos seus coidados.
Servizo integral de axuda para o emprego a persoas con discapacidade ou en risco de exclusión
O Servizo integral de emprego da Fundación Amicos busca a inserción laboral das persoas con Discapacidade, e para acadar este fin desenvolve as seguintes actividades:
- Formación prelaboral. Formación que sirva para que as persoas adquiran novos coñecementos que fomenten un sentimento de capacidade e de utilidade.
- Intermediación laboral. Servizos de orientación e guía persoal para axudar as persoas con discapacidade de cara a un posible posto de traballo que se axuste as realidades específicas da persoa.
Ademais estes servizos permiten coñecer mellor o mercado de traballo na comarca do Barbanza, elaborar itinerarios de inserción laboral individualizados e personalizados e axudar a adquirir aquelas competencias profesionais que lle faciliten ás persoas con discapacidade obter un posto de traballo.
- Apoio postlaboral. Unha vez conseguida a inserción laboral fanse seguimentos para proporcionar as persoas os apoios necesarios para superar as súas limitacións e dificultades que poidan atopar, así como a formación continua precisa para adaptarse á evolución do mercado laboral.
Para a realización deste seguimento asígnase a cada persoa usuaria un titor/a para asistir ás persoas usuarias cando o precisen.
Instalación de aire acondicionado e liñas de datos na área de Emprego, ampliación do Centro de día Amicos
A Asociación Amicos é unha entidade en continuo crecemento e entre as súas prioridades están a mellora das súas instalacións e servizos para poder dar resposta as necesidades do maior número de persoas con discapacidade.
Servizo de respiro familiar
O servizo de respiro familiar apoia e serve ás familias das comarcas do Barbanza, Noia e O Sar, que teñen un membro con discapacidade intelectual, autismo e/ou dano parálise-cerebral e en situación de dependencia. Para iso búscase que o familiar con discapacidade intelectual e dependencia poida acceder a unhas actividades diferentes e nun entorno distinto ao habitual, con actividades de lecer como son as actividades deportivas, culturais ou medio ambientais, permitindo ás súas familias dispoñeren dese tempo tan necesario para poder desenvolver unha vida familiar, laboral e social satisfactoria.
Proxecto Inserta2 + Empleo
“Inserta2” é un proxecto de inserción sociolaboral a través de itinerarios personalizados formación específica adaptados ao contexto socioeconómico para persoas con discapacidade.
As principais liñas de traballo son: a acollida e diagnose sociolaboral, deseño e desenvolvemento de itinerarios personalizados, intermediación laboral e prospección de empresas, orientación laboral, formación para a mellora da empregabilidade e servizo de apoio no emprego co obxectivo da plena inserción das persoas nos postos de traballo.
“Inserta2” desenvólvese simultaneamente nas comunidades autónomas de Galicia e Estremadura, dende as cidades de Ribeira e Mérida, e proxéctase sobre as contornas rurais, onde as oportunidades de emprego son máis reducidas, especialmente para as persoas con discapacidade.
Proxecto executado nol marco da convocatoria FSE+-Itinerarios de Inserción Sociolaboral da Fundación ”la Caixa”, cofinanciada polo Fondo Social Europeo ea Fundación.
Os proxectos se están a desarrollar en Mérida (Nº de Exp: ME24-01151) e Ribeira (Nº de Exp: ME24-00118)
Programa + Empleo Joven – Proxecto “Jóvenes inserta2”
“Jóvenes Inserta2” é un programa destinado á mellora da ocupación e a inserción laboral de persoas novas inscritas no sistema de garantía xuvenil; a través de itinerarios personalizados, orientados á obtención dunha formación acreditada, vencellada ás necesidades sociais e do mercado laboral.
O proxecto céntrase na mocidade rural, caracterizada pola falta de oportunidades de emprego e infraestrutura de formación. Para reverter esta situación e fortalecer a conexión entre o mercado
laboral e a poboación máis nova, presentamos un proxecto de integración, acompañamento e incorporación ao mercado laboral, adaptado ás necesidades socioeconómicas do territorio e das persoas participantes.
As principais liñas de traballo basearanse no coñecemento das necesidades do mercado de traballo, orientación e formación en competencias técnicas e transversais, desenvolvemento de habilidades e coñecementos adquiridos mediante prácticas non laborais e intermediación laboral.
O proxecto ten unha duración de 5 anos, con 30 participantes por anualidade, dos que o 30% serán persoas con discapacidade e o 55% mulleres. Ao remate do proxecto o 30% dos participantes deberán acadar un emprego.
Fundación Iberdrola
Proxecto AMICOS en 2024 “SEMENTEIRO DE EMPREGO VERDE RURAL” de promoción e mellora da empregabilidade dos mozos rurais, priorizando aqueles con discapacidade intelectual ou problemas de saúde mental, impulsando a formación e a creación de empregos verdes. Grazas á colaboración da FUNDACIÓN IBERDROLA.
PROXECTO AMI4CEI
É un proxecto baseado nos itinerarios de inserción laboral para facilitar o acceso ao mercado laboral dos colectivos vulnerables. Para iso AMI4CEI combina o reforzo de habilidades para o emprego con accións formativas, o desenvolvemento de itinerarios personalizados, a prospección de empresas e intermediación laboral e acompañamento.
UNO A UNO PIN -FUNDACIÓN ONCE
OPERACIÓN/PROGRAMA: AUXILIAR POLIVALENTE DE SUPERMERCADO
Este proxecto está centrado nos ámbitos fundamentais do FSE+, como son o emprego e a igualdade de acceso ao mesmo (tanto en igualdade de xénero como en igualdade de condicións sen importar ningún tipo de circunstancia), a formación e a inclusión social (neste caso das persoas con discapacidade intelectual).
No ámbito do emprego, o proxecto busca mellorar as condicións de acceso ao mercado laboral das persoas con discapacidade (que son un colectivo fortemente castigado se nos referimos á taxa de emprego ou actividade). Promovendo tamén a participación da muller no mercado de traballo.
No que a Axenda 2030 refírese o proxecto, contribúe ao cumprimento do ODS 4; Garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade e promover oportunidades de aprendizaxe durante toda a vida de todos, 5 Igualdade de xénero e empoderamento da muller; e 10 Reducir as desigualdades; xa que se pretende contribuír transversalmente á igualdade de xénero e á inclusión de persoas con discapacidade intelectual facéndoas
partícipes do reto da consecución dun traballo digno. Buscando a realización persoal dos beneficiarios e a autodependencia.
DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA: Convocatoria e bases de subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro para actuación no ámbito social en 2024.
ACTIVIDADE/PROXECTO: “Programa de mellora da empregabilidade e inserción socio-laboral para colectivos vulnerables”.
DESCRICIÓN:
Este programa ten como destinatarias a persoas de diferentes colectivos vulnerables, entre os que se dará preferencia ás persoas con discapacidade intelectual, persoas con discapacidade, mulleres vítimas de violencia de xénero, mulleres con baixa cualificación e de zonas rurais e aos menores de 30 anos con baixa cualificación.
A estratexia do programa pasa por fornecer de ferramentas e proporcionar axuda ás persoas beneficiarias para que poidan acceder ao mercado laboral (itinerarios personalizados, adestramento de habilidades, titorías de seguimento, emprego de ferramentas dixitais, formacións, dinámicas de grupo, prospección e intermedicación laboral), e deste xeito consigan un crecemento persoal, unha mellora da autoconfianza, un maior coñecemento de si mesmos, e un incremento da autorrealización persoal e da autonomía económica.
PROXECTO LAB-MAR: Laboratorio participativo para a prevención e valorización das basuras mariñas.
Este proxecto conta coa colaboración da Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico a través do Programa PLEAMAR financiado polo FEMPA.
O proxecto LAB-MAR desenvolverase no ámbito territorial de Galicia e Andalucía, centrando a atención en reducir os residuos mariños, fomentar a colaboración entre o sector pesqueiro e marisqueiro e outros sectores empresariais e sociais, impulsar a innovación e a creación de emprego inclusivo e contribuír cara a unha economía circular e azul.
Para iso, contémplase a execución de actuacións tales como a organización de xornadas de recollida de lixos mariños en espazos protexidos da costa galega e andaluza coa implicación de axentes da sociedade e o sector pesqueiro e marisqueiro; a creación dun comité técnico e dun laboratorio de ideas para a elaboración de útiles para o sector pesqueiro procedentes da valorización de lixos mariños; a formación dunha escola inclusiva para o fomento da reciclaxe e valorización de lixos mariños e o desenvolvemento dunha campaña de información e sensibilización para a prevención de residuos e a protección dos espazos naturais.
PROXECTO CABALGA: Medidas innovadoras e inclusivas para a recuperación e conservación de comunidades bentónicas no Mediterráneo e Atlántico Galego.
A degradación causada por impactos antropogénicos en áreas mariñas protexidas require estratexias urxentes para promover a súa conservación. Ademais, a redución dos impactos de pesca e o uso de áncoras nos Ecosistemas Mariños Vulnerables (EMV) converteuse nunha prioridade tras as recomendacións das Nacións Unidas e da FAO.
Nos EMV, os principais organismos son corais e xunto coa Posidonia oceánica e os bosques de laminarias serven como lugar de refuxio, alimentación e cría para un gran número de especies de interese comercial. Con todo, as actividades antropogénicas comprometen a viabilidade das súas poboacións e conleva unha redución do stock das especies comerciais asociadas. O proxecto CABALGA contribúe a mitigar estes efectos antropogénicos mediante a restauración de gorgonias, Posidonia oceanica e Laminaria, e ao mantemento dos servizos ecosistémicos a través dunha pesca e un plan de uso dos EMV máis sostible.
Este proxecto conta coa colaboración da Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico a través do Programa PLEAMAR financiado polo FEMPA.
INNOVA EMPREGO preséntase como un instrumento innovador a través do cal as persoas participantes, formarán parte dun itinerario no que recibirán formación, asesoramento e acompañamento gratuíto para que poidan inserirse laboralmente. O itinerario estará adaptado tanto ás características territoriais como aos perfís dos participantes e ás súas necesidades, facilitando así a súa participación.
INNOVA EMPREGO “EXPERIENCIAS DE INNOVACIÓN LOCAL PARA O EMPREGO”, é un proxecto que ten como obxectivo xerar novas oportunidades de emprego verde destinado a persoas que se atopan nunha situación de vulnerabilidade social, poñendo especial énfase na inserción de persoas con discapacidade intelectual, xa que é un dos colectivos máis afectados polo desemprego.
Para iso, desenvolverá distintas accións de innovación social en tres zonas diferentes: as Rías Baixas de Galicia, o Campo de Xibraltar de Cádiz e a dehesa extremeña.
Ademais, o itinerario que se ofrece está ligado aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), despois de que, por unha banda, as persoas participantes serán capacitadas para actuar como “Axentes dinamizadores dos ODS” dentro do seu territorio, e, doutra banda, vén xerar conciencia sobre a necesidade de xerar novos empregos ligados á economía verde e á innovación social que poidan ser liderados por persoas con discapacidade intelectual.
Este proxecto conta coa colaboración da Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico a través do Programa Empleaverde financiado polo Fondo Social Europeo.
INTERCOSTAS II “TURISMO COSTEIRO SOSTIBLE”, preséntase como unha continuación da primeira edición do proxecto, que vén dar resposta a varias problemáticas e necesidades detectadas relacionadas cos efectos negativos que deixa o turismo descontrolado nos espazos naturais do litoral galego e andaluz.
O proxecto INTERCOSTAS II, ten como obxectivo principal capacitar ás persoas que se atopan en situación de desemprego, en concreto persoas de difícil inserción socio-laboral, no deseño e xestión de produtos e servizos turísticos sostibles e inclusivos vinculados coa posta en valor da Rede Natura 2000, para que se poidan xerar novas oportunidades de emprego azul. O proxecto conta co apoio do PNMT das Illas Atlánticas de Galicia e o PN de Doñana.
Este proxecto conta coa colaboración da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico a través do Programa Empleaverde financiado polo Fondo Social Europeo.
NEW FOREST “MITIGACIÓN E ADAPTACIÓN Ao CAMBIO CLIMÁTICO EN ESPAZOS NATURAIS” ten como obxectivo o capacitar ás persoas que se atopan en situación de desemprego na xestión da mitigación e adaptación ao cambio climático a través da realización de catro itinerarios formativos vinculados coa posta en valor do medio natural e rural, para que se poidan xerar novas oportunidades de emprego verde en zonas demográficamente deprimidas.
Para iso, cóntase co apoio do PNMT das Illas Atlánticas de Galicia e a Fundación Dores Bas de Arus de Estremadura. Ademais, tamén conta co interese do Departamento de Investigación de Prehistoria Recente, Antropoloxía, Etnoloxía, Paisaxe e Cultura da Universidade de Cádiz.
Este proxecto conta coa colaboración da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico a través do Programa Empleaverde financiado polo Fondo Social Europeo.
PROXECTOS FINANCIADO POLO INEGA (2022): Ampliación da instalación fotovoltaica nos centros da Asociación Amicos. Centros beneficiarios. Centro Integral Amicos, Comoxo – Boiro. Centro de Educación Especial Privado Amicos, Oleiros – Ribeira.
A PERSOA COMO CENTRO
Ao igual que no resto de áreas de Amicos, o Fogar tamén ten como máxima que a persoa sexa quen tome as decisións que lle afectan no seu día a día. Por iso, todo orbita en torno a que p amico/a se sinta escoitado e valorado e adopte un papel protagonista na comunidade.
Desta maneira, e ela quen decide sobre aquelo que afecta , na medida que a súa situación llo permita. A finalidade non só e mellorar a súa calidade de vida, tamén xerar oportunidade para que se sinta realizado como persoa e fomentar a súa autonomía.
UNHA METODOLOXÍA INTEGRAL
Isto fai que o noso servizo non só consista en aloxamento, manutención e un coidado persoal. Amicos ofrece tamén atención especializada, servizo de rehabilitación física e atención psicolóxica e social, así como a participación voluntaria en actividades complementarias de ocio deporte e relacións sociais.
Desta maneira, os amicos e amicas sintense parte dun fogar normalizado no que o seu papel e activo, importante e valorado.
Programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade e para o desenvolvemento das actuacións do Plan Corresponsables, cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027
Este programa vai dirixido a un colectivo específico: corenta mulleres con discapacidade (atención prioritaria a mulleres con discapacidade intelectual) e fundamentalmente residentes nun entorno rural.
As beneficiarias deste programa son un colectivo que nalgúns casos sofren maltrato, pero mais importante aínda, teñen un alto risco de poder sufrir violencia de xénero. a esta situación se lle engaden fogares desetruturados, as dificultades de insercións socio-laboral e dependencia económica, o illamento das residencias, etc.
Este programa trata de traballar dende distintas perspectivas á prevención e a vulnerabilidade das mulleres con discapacidade.
Programa de diseño e implementación de itinerarios personalizados e acción específicas que favorezcan a inserción sociolaboral de mulleres VVX
Programa dirixido a mulleres que viviron situacións de violencia de xénero desenvolvido a través dun servicio integral de intervención sociolaboral que procura mellorar a súa motivación, capactitación e preparación para favorecer a súa inserción sociolaboral.
Proxectos CEPES
Proxecto AMICOVID 19
O Proxecto Amicovid, desenvólvese a partires da análise das necesidades provocadas pola crise do coronavirus, coa finalidade de deseñar e implementar medidas que permitan dar continuidade aos servizos proporcionados ás persoas con discapacidade de forma deslocalizada, así como brindar un apoio integral ás familias.
Proxecto MARCA SOCIAL.ORG
O proxecto Marca Social.org, pretende o desenvolvemento de estratexias e plans que melloren a competitividade das entidades, para a súa sostenibilidade a longo prazo mediante a potenciación de liñas de negocio actuais e o impulso de novas solucións, co obxectivo de mellorar a atención integral dos colectivos máis vulnerables.
Proxecto PRO+
O proxecto Proplus, pretende a sensibilización de cara ás contratacións públicas socialmente responsables como unha ferramenta eficaz para avanzar no desenvolvemento sostible e para acadar os obxectivos sociais da UE.
PROXECTO: CONSTRUCCION DA NOVA RESIDENCIA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL
Construción dun novo módulo residencial con capacidade de albergar persoas con discapacidade intelectual e grandes necesidades de apoio, en dormitorios individuais con aseos adaptados, así como os espazos comúns e servizos necesarios para cumprir os novos estándares de calidade esixidos.
Objetivos conseguidos gracias a la financiación de la Fundación ONCE:
Objetivos específicos: Atender de forma programada las necesidades individuales de los usuarios con discapacidad intelectual; facilitar la adquisición de hábitos, destrezas y habilidades laborales y/o ocupacionales; mejorar la adaptación psico-social de las personas con discapacidad intelectual y sus familias; desarrollar y mantener las habilidades personales y sociales que permitan la adaptación del usuario a los distintos contextos en los que se desenvuelve; y orientar, formar y realizar el seguimiento de los usuarios que se ajusten a los criterios de empleabilidad de cara a su inserción socio-laboral.
Objetivos secundarios: El ahorro de energía y el aislamiento térmico de las salas con el fin de proporcionar de unas instalaciones de iluminación adecuadas a las necesidades de los usuarios y a la vez eficaces energéticamente; además de conseguir cubrir en parte la demanda de agua caliente sanitaria mediante la incorporación de un sistema de captación, almacenamiento y utilización de energía solar de baja temperatura.
Proyecto Financiado por la Fundación Once para:
Para a adquisición de equipamento de cociña e comedor para o Centro de Día AMICOS.
Financiación pública
Objetivos conseguidos con la financiación de la FUNDACIÓN ONCE:
La mejora del equipamiento con la adquisición del vehículo de transporte asistido, en este caso, el modelo FORD NUEVA TRANSIT CUSTOMKOMBI M1 320 L2 130CV se consiguió en primer lugar el objetivo principal de reforzar, mejorar y ampliar el servicio de transporte asistencial y de esta forma optimizar lo máximo posible todas las funciones y servicios del Centro de Díá de Amicos.
Con la mejora se ha conseguido que en las distintas líneas del transporte que forman la red de transporte Amicos, se haya reducido el número de rutas duplicadas para la recogida de usuarios/as, facilitando así la asistencia de los participantes, mejorando tiempos de espera y mejorando también la eficiencia y consumos de combustible.
Con el equipo multifunción de impresión para materiales y actividades del centro de día hemos conseguido una gran mejora en los materiales a utilizar como en el desarrollo de las actividades, siendo ahora más amplias y de mayor calidad, consiguiendo una mayor participación en los servicios ofrecidos en el centro de día de Amicos.
Objetivos conseguidos con la financiación de la FUNDACIÓN ONCE:
La mejora del equipamiento se incrementó, en el centro ocupacional y las aulas de formación, con la instalación de la ventilación de la marca EKOKAI modelo unidad exterior 4X1 4MA80FDE / 4X1 4MA90FDE / 3X1 3MA71FDE / 3X1 3MA71FDE / 5X1 EKOKAI 5MA125FDE. Modelo unidad interior DPA50FDI / 2 ud DPA20FDI / 4 ud DPA25FDI / 3 ud DPA25FDI / 2 ud DMA50FDI / 2 ud DPA25FDI / 2 ud DPA50FDI, consiguiendo en primer lugar retomar la actividad habitual en el Centro Ocupacional de la entidad dotándolo de soluciones que mejoraron la calidad de vida de las personas y la eficiencia sanitaria de las instalaciones, optimizando las funciones y servicios de nuestro centro.
Con estas mejoras se ha facilitado retomar la actividad enfocada a la mejora continua centrada en incrementar la calidad de vida de las personas con discapacidad y la las personas de su entorno social así como impulsar su proyección personal, a través de la calidad de los talleres prelaborales y ocupacionales, ayudando a mejorar su autoestima y preparación prelaboral de cara a una posible inserción sociolaboral.
Erasmus+ contribue a Estratexia Europa 2020 para o crecemento, o emprego, a xustiza social e a inclusión, e os obxectivos do marco estratéxico para a cooperación europea no ámbito da educación e a formación.
Amicos participou en varios proxectos que contaron co financiamento do programa Erasmus+.
Un deles foi “The change start with us” colaborando con Portugal, Rumania, Grecia, Turquía y Reino Unido.
O segundo “Train_INC” en colaboración con Portugal, España, Rumania, Polonia e Bulgaria.
Outro deles foi “DISABILITY-TECHNOLOGY-EDUCATION” que colaborou como socios con Rumania, Turquía, Reino Unido e España, este proxecto tivo unha duración de 2 anos.
“BEAT THE TABOOS” e un proxecto ainda activo en colaboración UK, Turquía, Rumania e Portugal, e finalizará en setembro do 2022.
Proxecto 2021-1-ES01-KA220-SCH-000024578, conta co financiamento da Unión Europea a través do programa Erasmus+ 2021-2027, Acción Clave 2.
Importe total de proyecto: 153.824€
Número de socios total: 4 (Amicos –coordinador (España), AGV (Portugal), Zlatan Sremec (Macedonia do Norte) e Asociación Babilon (Alicante) como beneficiarios).
INC-LEISURE é o acrónimo do proxecto educativo “Espacios non formais participativos para o aprendizaxe escolar inclusivo” . É un proxecto educativo que pretende proporcionar a todos os participantes (profesionais da educación escolar) unha experiencia de capacitación, análise e reflexión sobre os espacios non formais de aprendizaxe inclusivo como medio para facilitar a inclusión social na comunidade infantil escolar, así como para facilitar a aprendizaxe de valores e competencias transversais na educación formal (integración curricular de novos métodos). Os espacios non formais de aprendizaxe nos que se centra son patios escolares, parques públicos municipais e espacios deportivos. A metodoloxía participativa fomenta que toda a comunidade (institucións, veciños, escolas, familias) contribúa ao deseño e definición destes espacios de convivencia e xogo. Con isto búscase o establecemento de vínculos, sentimentos de pertenza ao grupo, e que redunde en favorecer a inclusión de todos os participantes.
O proxecto contempla accións de difusión e diseminación que Terán que alcanzar de forma directa a cerca de 300 participantes en total, entre os 3 países socios (eventos, encontros, conferencias, seminarios…). Terá web e redes sociais cos que ampliar ese impacto indirectamente.
Tamén contempla a creación de 4 manuais e guías de recursos para escolas, para a posta en práctica destes métodos para o fomento da inclusión social. Entre os socios esperase chegar a máis de 200 escolas para a transferencia destes contidos.
“O proxecto “Inc-Leisure” está cofinanciado polo programa Erasmus+ da Unión Europea. O contido desta publicación é responsabilidade exclusiva de AMICOS, e nin a Comisión Europea, nin o Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE) son responsables do uso que poida facerse da información aquí difundida”
Dende decembro de 2022, ata a primavera de 2024, Amicos participa nun proxecto internacional, en colaboración con LugOpenFactory, Cámara de Comercio de Santiago, Fundación Galicia-Europa, Eurocidade Chaves-Verín, Universidade de Aurel Vlaicu de Arad (Romanía) e a agrupación de concellos Regjun Tramuntana de Malta.
O proxecto está cofinanciado polo programa “Citizens, Equality, Rights and Values – CERV” da Axencia Europea pola Educación e a Cultura (EACEA), e promove a creatividade e a innovación social para dar voz á Xuventude rural en Europa. Trátase dunha serie de encontros, algúns online e outros presenciais nas localidades das entidades socias, nos que se facilita a participación de xente nova, entre 18 e 30 anos, para que a través dunha metodoloxía innovadora (Creative Jams), colaboren, traballen en equipo, para deseñar solucións e propostas para afrontar os retos da sustentabilidade da Axenda2030 para o desenvolvemento rural.
Procuramos darlle voz á Xuventude, de xeito que ao tempo, vivan unha aprendizaxe activa, usando ferramentas dixitais, e promovendo os valores europeos de inclusión, tolerancia, democracia, participación e respecto pola multiculturalidade que caracteriza a UE. Toda a información sobre os eventos e os resultados do programa podedes velos en http://ruralyouthofeurope.eu/.
Erasmus+ “MUSE”, “ALL4JOBS” e “Inclusive-Path”
El proyecto “AMICOS INSERTA” en 2018, para la integración socio laboral de personas con discapacidad intelectual. Gracias a la colaboración de la FUNDACIÓN IBERDROLA.
Proyecto AMICOS en 2019 “Capacitando a personas con discapacidad” en, para la integración socio laboral de personas con discapacidad intelectual. Gracias a la colaboración de la FUNDACIÓN IBERDROLA.
Proyecto AMICOS en 2020 “Capacitando a jovenes con discapacidad intelectual”, para la integración socio laboral de personas con discapacidad intelectual. Gracias a la colaboración de la FUNDACIÓN IBERDROLA.
Proyecto AMICOS en 2021 “JÓVENES CON DISCAPACIDAD PARA SU INCLUSIÓN SOCIOLABORAL ECOINNOVADORA REDUCIENDO IMPACTO HUELLA Co2” . Gracias a la colaboración de la FUNDACIÓN IBERDROLA.
Programa de EMPLEO PERSONALIZADO 2021:
– Adaptar el empleo a las personas con discapacidad facilitando su inserción.
– Conseguir una integración y adaptación óptima en cada puesto de trabajo ocupado por las personas con discapacidad.
– Incrementar la empleabilidad de las personas con especial dificultad de acceso al empleo en los entornos rurales.
– Impulsar el desarrollo de empleo a través de círculos cercanos y adaptarlos a la medida de los participantes.
– Impulsar la creación de empleos verdes y por consecuencia el desarrollo del medio rural.
AMICOS presta o “Servizo de Atención Integral a Persoas con Discapacidade Intelectual” a través dunha axuda recibida dos PROGRAMAS DE COOPERACION DA XUNTA DE GALICIA. GARANTÍA XUVENIL. FONDO SOCIAL EUROPEO. O obxectivo do servizo é prestar servizos de atención a Persoas con Discapacidade Gravemente Afectadas, que asemade están en situación de orfandade e desprotección social, ademáis de desenvolver e por en marcha un servizo de atención que ten como finalidade a atención a persos con Discapacidade Intelectual. Persoas mozas, incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil están a formarse na prestación do servizo, poñendo en práctica os coñecementos adquiridos a través do desenrolo das actividades con Persoas con Discapacidade. Este programa enmárcase dentro do Programa operativo de emprego xuvenil, cofinanciadopola Iniciativa de emprego xuvenil e o Fondo Social Europeo para o período 2014-2020, nunha porcentaxe do 91,89 %.
RE-MAR II: Custodia ambiental para la reducción de residuos en el Espacio Marino Protegido de las Rías Baixas es una una continuidad del proyecto RE-MAR que tiene como objetivo reducir los residuos marinos a través de la recogida, tratamiento y prevención de su generación con la colaboración del sector pesquero, utilizando la ciencia ciudadana como herramienta de custodia ambiental en el Espacio Marino Protegido de las Rías Baixas.
Este proyecto impulsado por AMICOS, junto con el Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia en condición de socio, se desarrolla con la colaboración de la Fundación Biodiversidad, del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, a través del Programa pleamar, cofinanciado por el FEMP. Este proyecto es complementario al proyecto LIFE IP Intemares.
RE-MAR III: Custodia ambiental para la reducción de residuos en el Espacio Marino Protegido del Arco Atlántico Gallego.
Proyecto promovido por AMICOS en colaboración con la Fundación Biodiversidad, del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, a través del Programa Pleamar, cofinanciado por el FEMP.
RE-MAR III tiene como objetivo reducir los residuos marinos a través de la recogida, tratamiento y prevención de su generación con la colaboración del sector pesquero, utilizando la ciencia ciudadana como herramienta de custodia ambiental en todo el espacio marino del arco atlántico gallego.



























































































