Nosas empresas de Inserción, tanto Properdis como Servinserta son beneficiarias do programa RE-ACCIONA do IGAPE 2020:

“CONVOCATORIA 2020.1 DAS AXUDAS AOS SERVIZOS DE DESENVOLVEMENTO ESTRATÉXICO, PROFESIONALIZACIÓN, INNOVACIÓN E ADOPCIÓN DE SOLUCIÓNS DE DIXITALIZACIÓN PARA A SÚA REALIZACIÓN EN EMPRESAS GALEGAS (PROGRAMA RE-ACCIONA), COFINANCIADAS POLO FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL CON CARGO AO PROGRAMA OPERATIVO FEDER GALICIA 2014-2020.

Ademais do traballo de formación e das tarefas específicas de inserción laboral dos seus usuarios e usuarias; Amicos é a responsable da posta en marcha de Servinserta (un centro especial de emprego) e Servizos EIL (unha empresa de inserción laboral que vén consolidando a súa actividade ao redor dos campos do medioambiente e as obras).

O motivo do seu nacemento é que o mercado laboral actual está marcado pola dificultade de acceso para a mocidade a un posto de emprego. Esta barreira resulta aínda moito máis complexa nas persoas con discapacidade intelectual, un colectivo en grave risco de exclusión social, que precisa acompañar a súa formación de oportunidades de práctica laboral, a través das que mostrar as capacidades para desenvolver un traballo normalizado.

A través dun emprego remunerado e da formación e asesoramento precisos, facilítase que as persoas con discapacidade ter a oportunidade dunha integración sociolaboral.

Servizos EIL e Servinserta desenvolven actividades destinadas a mellorar a empleabilidad das persoas en risco de exclusión fundamentalmente os seguintes campos:

  • Servizos de obras, mantemento de patrimonio, construción e reformas
  • Servizos de xardinería
  • Servizos de limpeza
  • Traballos forestais e ambientais
  • Construción de invernadoiros e sistemas de arroio
  • Viveiros
  • Venda e distribución de material publicitario e de artesanía
  • Asistencia no control de espazos protexidos

Grazas á colaboración de varias administracións públicas do ámbito local, autonómico e estatal; ducias de persoas con discapacidade lograron un traballo remunerado a través destas iniciativas.