Denuncia de incumprimento do código de conduta
A Asociación Amicos réxese por un código ético e conta cun código de conduta cuxo principal obxectivo é potenciar a ética corporativa de tódolos seus membros no exercicio da súa actividade. Por iso quen forme parte de Amicos debe contribuir ao logro da súa misión a través dun comportamento que reflicta de forma consistente os seus principios e valores.
En consecuencia, Amicos valora moi positivamente que os/as seus usuarios/as, socios/as, membros, empregados/as, voluntarios/as, proveedores e colaboradores, denuncien aqueles comportamentos que infrinxan o código de conduta e que resulten irregulares.
Neste senso, Amicos ademáis de posibilitar que os seus empregados/as denuncien internamente, pon a disposición de tódolos usuarios/as unha canle externa de denuncias co obxectivo de que reporten os incumprimentos do código de conduta ou aquelas irregularidades, ilícitos ou comportamentos delituosos que detecten no seo da Asociación Amicos.
Esta canle foi creada exclusivamente para denunciar infraccións do código de conduta, ilícitos ou delitos, regulada pola política do canal do código de conduta, a que podes acceder clicando aquí.
Contáctanos