A ENTIDADE

A Fundación AMICOS nace coma una organización sen ánimo de lucro comprometida coa a mellora da calidad de vida e ten como finalidade tutelar e protexer ás persoas con discapacidade, orfas ou en situación de desprotección .

Trátase dunha organización non gobernamental, de natureza fundacional, de interese galego, sen ánimo de lucro, creada en 2006, xorde con personalidade xurídica propia e plena capacidade para obrar.

Con todo elo, la Fundación Amicos traballa día a día para influir no cambio social sostible e a largo prazo en aquelas áreas máis apremiantes para nosa sociedade en xeral; trata de ser un referente no ámbito social, e un exemplo de cómo se pode traballar dende a sociedade civil por o benestar da sociedade, con total imparcialidade e transparencia.

A MISIÓN da entidade é a de prestar servizos e apoios para conseguir que cada persoa con discapacidade intelectual, autismo, parálise, dano cerebral e as súas familias poidan desenvolver o seu proxecto de vida co obxectivo de conseguir a súa inclusión como cidadán de pleno dereito nunha sociedade xusta e solidaria.

Os obxectivos da Fundación Amicos van enfocados á mellora global da integración das persoas con discapacidade intelectual:

• Apoiar, potenciar e promocionar as persoas con discapacidade.

• Fomentar a asistencia e recuperación das persoas con discapacidade.

• Mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade e das súas familias.

• Fomentar os estudios referentes á súa rehabilitación e educación potenciando centros de atención, estimulación, rehabilitación e educación.

• Tutela e curatela de persoas con discapacidade e maiores que queden orfas ou desamparadas.

• Apoiar as familias de persoas con discapacidade.

• Apoiar ás mulleres en tódalas súas modalidades e facilitar a súa integración social.

• Apoiar de maneira moi especial as mulleres con discapacidade e as mulleres rurais coa finalidade de conseguir a súa normalización e inclusión.

• Promover actividades de formación e crear apoios específicos co fin de romper as barreiras que impiden progresar ás mulleres discapacitadas.

 OBXETIVOS

 

  • Potenciar e promocionar as persoas con discapacidade.
  • Mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade e das súas familias.
  • Organizar, patrocinar ou fomentar a creación de centros de asistencia.
  • Promover a integración laboral das persoas con discapacidade.
  • Tutela e curatela de persoas con discapacidade e maiores que queden orfas ou desamparadas.

ACTIVIDADES

  • Servizo tutelar.
  • Servizo de curatela.
  • Servizo de asesoría xurídica.
  • Servizo de atención a familias.
  • Servizo de emprego.

 

Fundación Amicos presta o “Servizo de Tutela, Apoio , Asistencia e Atención a Persoas con Discapacidade Intelectual” a través dunha axuda recibida dos PROGRAMAS DE COOPERACIÓN DA XUNTA DE GALICIA. GARANTÍA XUVENIL. FONDO SOCIAL EUROPEO.

 Esta axuda permitiu á Fundación Amicos a contratación de persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, estas persoas desempeñan o seu traballo ao mesmo tempo que se forman, xa que participan activamente no “Servizo de Tutela, Apoio , Asistencia e Atención a Persoas con Discapacidade Intelectual”, servizo que ten como obxectivo coidar e protexer a persoas con discapacidade intelectual, así como de proporcionarlle a protección e garantía dos seus dereitos. Con este servizo promocionase e potenciase ao colectivo de persoas con discapacidade intelectual, mellorando a súa calidade de vida.


CONTAS ANUAIS – FUNDACIÓN AMICOS 2021

 

 

O noso obxectivo final e conseguir que as persoas con discapacidade encontren un oco na sociedade e se fagan participes dela.
Cambiar a visión que tradicionalmente se ten sobre a discapacidade e mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade e das sus familias.

A Fundación Amicos traballa para facer  felices ás persoas con discapacidade transformando as discapacidades en capacidades