ALL4JOBS é un proxecto de cooperación internacional que ten como fin mellorar as competencias e as perspectivas de empregabilidade da xuventude en situación de vulnerabilidade e con discapacidade a través da innovación dixital, a inclusión e a sostibilidade.
Obxectivos
- Promover a adquisición de competencias de empregabilidade e habilidades específicas para o emprego de xuventude con discapacidade ou en situación de vulnerabilidade, así como a súa integración no mercado laboral, especialmente nos sectores de panadería, hostelería e xardinería.
- Mellorar a calidade e a innovación dixital no traballo con xuventude mediante a introducción de tecnoloxías emerxentes.
- Involucrar, conectar e apoderar a traballadores/as, xuventude con discapacidade ou en situación de vulnerabilidade e aos representantes do mercado laboral para garantir un entorno laboral inclusivo e sostible.
- Fomentar a colaboración, a creación de redes e o intercambio de boas prácticas a nivel transnacional, nacional e rexional.
Destinatarios
- Mozos e mozas con discapacidade ou en situación de vulnerabilidade.
Duración
Novembro de 2024 a febreiro de 2027
Financiadores
O proxecto ALL4JOBS está cofinanciado polo programa Erasmus+ da Unión Europea.
Proxecto número 2024-1-IT03-KA220-YOU-000248804.
Visita a web do proxecto
Visita a canle de Youtube
O contido desta publicación é responsabilidade exclusiva dos autor@s, e nin a Comisión Europea nin o Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE) son responsables do uso que poida facerse da información aquí difundida.





