MUSE MusicArTherapy é un proxecto colaborativo cuxa misión é mellorar as habilidades de comunicación dos profesionais dedicados á atención a persoas con necesidades de apoio, ao potenciar a empregabilidade de coidadores e coidadoras mediante formacións integrais que lles permitan adquirir as competencias básicas para a relación de coidado pedagóxico-terapéutico. Este céntrase na metodoloxía innovadora da MusicArTerapia na Globalidade das Linguaxes, método de Stefania Guerra Lisi desde 1970, que promove a Inclusión apoiada na prevención, educación, rehabilitación e actividades terapéuticas

Obxectivos

  • Proporcionar unha formación innovadora a sectores de emprego diversos.
  • Chegar a persoas en situación de desemprego ou que se atopen en etapas formativas (pre-laborais) para que descubran esta metodoloxía.
  • Sensibilizar a empresas empregadoras na oportunidade para a mellora dos seus servizos e a atención á dependencia coa incorporación de quen recibe esta formación.

 

Destinatarios

  • Persoal de atención sociosanitaria
  • Profesionais de entidades de atención a persoas dependentes, dende a infancia á vellez
  • Traballador@s en sectores de atención á dependencia en tódalas etapas vitais
  • Músic@s desempregados ou en formación

 

 

Socios

Asociación sen ánimo de lucro especializada no apoio integral en todas as etapas vitais das persoas con discapacidade intelectual, autismo, parálise, dano cerebral e as súas familias para que poidan desenvolver o seu proxecto de vida, co obxectivo de acadar a súa inclusión como cidadáns de pleno dereito.
Desde o ano 2000, creou servizos de Centro de Día que actualmente atenden a máis de 100 usuarios diariamente. Entre as súas áreas de actuación na actualidade atópanse: Centro de Educación Especial, Residencia, Área de Empresas e Emprego e Área de Transformación para a realización de proxectos innovadores.

UPMAT, a Università Popolare de MusicArTerapia que utiliza o método GdL de Stefania Guerra Lisi, une as expresións gráficas, cromáticas, corporais, musicais e lingüísticas nun enfoque terapéutico-educativo integrado.
Baseándose en principios psicopedagóxicos interdisciplinares, a UPMAT promove un enfoque innovador de autoeducación que permite a expresión persoal e axuda a fomentar este desenvolvemento nas demais persoas.
A UPMAT ofrece: un programa de Musicoterapia en GdL, de tres anos de duración, que outorga o título de Musicoterapeuta.

O CUM foi fundado en 2003 para promover e implementar prácticas de integración e inclusión social a favor de persoas con discapacidade psicofísica e/ou relacional ou con graves problemas sociais e existenciais.
O CUM é unha cooperativa social formada por profesionais do ámbito educativo, formativo e terapéutico-sociosanitario, persoas con discapacidade e as súas familias.
Actualmente conta con 20 membros e a súa misión institucional é promover e levar a cabo prácticas de integración social a favor de persoas con discapacidade e mozos en risco de exclusión social ou en situacións de grave carencia social e educativa.

Noticias

MUSE – Musicartherapy

by | Xul 3, 2025
|

Descargas

Financiadores

MUSE é un proyecto financiado polo programa Erasmus+, na convocatoria de Asociacións a Pequena Escala (KA210) de 2024 no ámbito da Formación Profesional.

Visita a web en italiano

O contido desta publicación é responsabilidade exclusiva dos autor@s, e nin a Comisión Europea nin o Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE) son responsables do uso que poida facerse da información aquí difundida.