No día internacional das persoas con discapacidade intelectual tamén nos unimos a campaña #BaixoOMesmoParaugas #diainternacionaldaspersoascondiscapacidade

Os nosos usuarios do Centro Integral Amicos e os alumnos do CEEPR Amicos non quiseron  perder a oportunidade e diseñaron uns paraguas moi molons.

Un ano máis, e xa van cinco edicións, da iniciativa “Baixo O Mesmo Paraugas”

Este ano a iniciativa tívose que adaptar á actual situación de emerxencia sanitaria pola COVID-19 e as persoas con discapacidade e as entidades, coa mesma ilusión de cada ano, animan á cidadanía a unirse á campaña virtual “Baixo o mesmo paraugas… na casa!”.

Desde o colectivo de Baixo O Mesmo Paraugas recordamos ademais que seguimos esixindo que os dereitos das persoas con discapacidade estén de xeito permanente nas axendas das administracións e demandamos unha coordinación educativa, social e sanitaria para dar resposta ás necesidades destas persoas. A educación inclusiva, o acceso ao mercado laboral en condicións de igualdade, o dereito a ter unha vida independente… son algunhas das reivindicacións que non se poden ver afectadas pola situación de pandemia.