Esta semana tinguímosnos de morado por elas. Por todas as nosas compañeiras que forman a familia Amicos. Por todas as que loitan cada día por alcanzar unha inclusión real na sociedade e para alcanzar un mundo pacífico, próspero e sostible.

Este ano, tivemos a oportunidade de conversar con deportistas paralímpicas e difundimos a súa forza e paixón a través das nosas redes sociais. Así, cada día de esta semana publicamos unha das charlas coas seguintes campioas:

  • Eva Moral, madrileña e deportista profesional en triatlón adaptado.
  • Susana Rodríguez, viguesa e campioa paralímpica de triatlón adaptado.
  • Adi Iglesias, viguesa e campioa paralímpica de triatlón adaptado.

Visita o noso Instagram para coñecer as súas historias ao completo!

Ademais, dende o CEEPR de Amicos, tivemos a oportunidade de falar con Desirée Vila, atleta paralímpica de atletismo adaptado nacida en Gondomar. Deixámosvos o seu vídeo para que poidades aprender todo o que a nós nos ensinou:

Aínda que hoxe é un día a destacar, dende Amicos loitamos todos os días polos dereitos das mulleres. Por iso, atendemos a máis de 200 mulleres, a maioría con discapacidade, no noso programa de inserción laboral e atención a vítimas da violencia de xénero.

No curso 2020 – 2021, conseguimos que 11 persoas vítimas de violencia de xénero encontraran un traballo, das 60 que participaban no programa e que recibiron servizos de orientación laboral. O noso obxectivo é que neste ano, moitas máis mulleres poidan incorporarse ao mercado laboral.

Como dixo a nosa compañeira Adriana Miguéns, integrante do Fogar Amicos: “É necesario seguir construíndo unha sociedade máis xusta, onde homes e mulleres gocen dos mismos dereitos”. Engadiu: “as mulleres con discapacidade tamén queremos que se nos teña en conta nesta loita igualitaria”.

Feliz día a todas as loitadoras!

 

.