As mascarillas transparentes chegan a Amicos. Ninguén pode dicir que a crise do coronavirus non lle afectara en absoluto. Dun xeito ou doutro, todos tivemos que vivilo en maior ou menor medida. Pero é certo que hai algúns grupos de persoas que se viron especialmente afectados (aínda máis se é posible).

Falamos de persoas xordas e xordomudas. O uso obligatorio das mascarillas, fixo que o coronavirus castigase de forma contundente a este colectivo. Ler os beizos é moi importante para o correcto entendemento das mensaxes entre interlocutores, e o uso xeralizado das mascarillas fai que este elemento de comunicación se omita, limitándose á interpretación da xesticulación ocular, quedando boca e nariz completamente tapadas.

Unha alternativa que pode resultar efectiva é o uso de mascarillas transparentes para as persoas xordas. Aínda que o obxectivo destas mascarillas non é que as poñan as persoas xordas ou xordomudas, senon para todos os demais; xa que desta forma, poderían entender o movemento dos beizos para interpretar as mensaxes con maior facilidade.

A consecuencia deste acontecemento nace un proxecto de Iberdrola chamado “Voluntarios frente a la COVID“, onde se está a fabricar mascarillas transparentes para persoas xordas, feitas polos seus voluntarios da compañía e familiares, adaptadas a este colectivo. Este luns 25 de xaneiro, recibimos destas mascarillas na nosa Asociación para que poidamos lucilas cun gran sonriso.

Dende Amicos colaboramos coa Fundación Iberdrola dentro do programa “Jóvenes con Discapacidad para su inclusión sociolaboral ecoinnovadora reduciendo el impacto de la huella CO2” e agradecemos moito este agasallo que supón un avance importante para a comunicación co entrono das persoas sordas, e posiblemente unha rotura desta barreira imposta.