Rosa Salnés, alumna do Centro de Educación Especial de Amicos en Ribeira, recibiu esta mañá o premio do Concurso Escolar de Debuxo e Pintura “O Nadal 2017”, organizado polo Concello de Ribeira. Herminia Pouso, tenente alcalde e concelleira delegada de educación e cultura do Concello de Riveira, entregoulle o galardón.
Como gañadora, o debuxo de Rosa Salnés ilustrará coa súa creación o cartel de Nadal do Concello. No concurso podían participar todos os centros escolares e de primaria da vila. A elección da labor desta alumna é proba, en opinión de Amicos, de que as persoas con discapacidade poden superar calquera límite, de dispor do apoio necesario, e participar en igualdade na vida social da súa contorna.
O Centro de Educación Especial de Amicos en Ribeira imparte ensinanzas oficiais e regradas mediante un proxecto educativo personalizado enfocado na participación e na estimulación das propias capacidades para alumnos entre 3 e 21 anos.