A Pobra do Caramiñal dispón desde o mes de xullo de tres puntos de compostaxe comunitaria.

José Francisco Manteiga, traballador da nosa entidade, en colaboración co Concello da Pobra visitará nas próximas semanas os edificios e vivendas familiares sen terreo para explicarlles a veciñanza os beneficios da compostaxe comunitaria, o seu funcionamento e os recursos que a Administración local pon á súa disposición.

Trátase dun paso máis en materia ambiental á vez que se contribúe á inserción laboral dunha persoa con discapacidade, aspectos que se enmarcan na liña de traballo de Amicos, tal e como comentou Pilar Sampedro, coordinadora do Centro de Atención Integral.

O Concello estendeu o proxecto da compostaxe ao ámbito comunitario, cuxos colectores están xestionados por persoal municipal para controlar o proceso e o correcto uso.

Máis información: https://apobra.gal/latest-news/