Onte recibimos a visita de Margarita Hermo, Directora de Relacións Institucionais da Corporación Jealsa no noso Centro de Atención Integral. O motivo principal da visita foi realizar a entrega de cestas navideñas a todas as persoas con discapacidade que axudamos na Fábrica Social da nosa asociación na elaboración dos agasallos que Jealsa entrega nestas fechas aos seus empregados.
Margarita Hermo: “Se hai algo que caracteriza o Nadal son os agasallos e dende fai sete anos os agasallos de Jealsa teñen un compoñente especial”. Engadiu que “as caixas que entregamos aos nosos compañeiros levan unha mensaxe de solidaridade, de integración e colaboración con persoas con discapacidade”.
A Representante da Corporación Jealsa aproveitou a ocasión para agradecernos a nosa colaboración e traballo e en particular, a todos os colaboradores na elaboración de estas 4.500 cestas “polo mimo e cariño que poñen”.
Na Fábrica Social, situada nas instalación do Centro de Atención Integral da Asociación, as persoas con discapacidade elaboran, cada ano, as cestas que a Corporación Jealsa entrega aos seus empregados por Navidad. Por esta razón e para mostrar o seu agradecemento, Margarita Hermo entregou algunhas de estas cestas a todos os colaboradores na súa preparación.
Ramiro Lueiro, participante na actividade e María Pérez Sánchez, Técnica de Desarrollo Responsable da Fábrica Social, explicaron todos os detalles da elaboración das caixas: “Primeiro, montamos as caixas, poñemos o cordón e as latas colocados nun orden determinado e péchanse”.
Ademais, Miguel Beiro, Responsable da Área de Emprego e Empresas da asociación Amicos, e quixo aproveitar a oportunidade para agradecerlle a corporación Jealsa a súa colaboración que “veñen prestando de xa fai 7 anos” e invitounos a seguir na mesma liña “durante moito tempo”.
Miguel Beiro: “Para nós é unha honra e un pracer poder colaborar con Jealsa porque entendemos que podemos aportar un valor social a un agasallo de Nadal”.
Os integrantes de Amicos tamén mostraron o seu agradecemento entregando a Margarita Hermo un cadro feito por eles.