O responsable do departamento de emprego e empresas da Asociación Amicos, Miguel Beiro e o alcalde da Estrada, José López Campos, asinan un convenio de colaboración e cesión dun espazo físico no viveiro de empresas do concello.
A Estrada, 14 de setembro de 2021 – Amicos, asociación referente no apoio a persoas con discapacidade intelectual, autismo e parálise cerebral, acaba de firma un convenio de colaboración co concello da Estrada para a cesión dun espazo físico no viveiro de empresas do concello.
Con esta iniciativa, Amicos pretende dar apoio a persoas con discapacidade que teñan dificultades para acceder ao mercado laboral, nesta liña queremos que as persoas poidan ter novas oportunidades dentro dun mercado laboral cada vez máis complexo e esixente.
Pablo Penide, técnico de desenvolvemento de persoas de Amicos, encargarase de orientar, informar e asesorar na procura de emprego e formación, elaborando un perfil profesional e un diagnostico ocupacional, crearalles itinerarios personalizados de inserción para conseguir o seu obxectivo, a inserción laboral.
Amicos pretende dar apoio de forma directa a un número aproximado de entre 75/100 persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social da Estrada e a súa zona de influencia. Outro dos obxectivos da nosa entidade será a prospección e intermediación socio laboral con empresas da zona.
Miguel Beiro responsable do departamento de emprego e empresas da asociación Amicos quixo recalcar “Amicos leva máis de 20 anos pelexando pola inserción sociolaboral de persoas con discapacidade, pero chegou o momento de facelo en rede, grazas alianzas como esta multiplicaremos a nosa mensaxe e o noso labor”.
Por parte do concello, o alcalde José López Campos comentou “Agradezo a Amicos a oportunidade de poder asinar este convenio de colaboración xa que para nós é unha nova oportunidade de inserir laboralmente a persoas que teñan dificultades á hora de acceder ao mercado laboral”.
A asociación Amicos agradece enormemente ao alcalde e ao concello da Estrada, a implicación e a oportunidade de poder levar a cabo a asinar deste convenio de colaboración.
Desde Amicos facemos un chamamento para que persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social que precises apoio ou empresas que necesiten incorporar a persoas, póñanse en contacto coa nosa área de emprego no seguinte número de teléfono 981 865 786 ou no correo de persoas@amicos.org