Por quinto ano consecutivo, a Asociación Amicos organiza o festival da inclusión “Festiritititi”
Este venres 2 de decembro realizarase o Festirititi, celebrando o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. A xornada realizarase en Boiro e acollerá a case un milleiro de escolares de 16 colexios diferentes.
Con dito motivo, hoxe celebrouse un acto de presentación, encabezado por Javier Freijo e Raquel Rial, integrantes da asociación. Nel aseguraron un día cheo de diversión, bo ambiente e unha sorpresa para os participantes.
Asimesmo, Margarita Hermo, directora de relacións institucionais de Jealsa interviu no acto, agradecendo a invitación e lembrando a importancia deste acontecemento como referente da inclusión social do Barbanza.
O Festiritititi é un festival de inclusión a través do xogo, onde toda a comunidade está convidada, centros educativos, autoridades, familias… Nesta edición acudirán case 1000 escolares dos centros educativos da comarca, así como dos Concellos de Lousame e Rois. Este ano sumase a colaboración o Grupo Nosa, Actemsa, Orbutrans e a clínica dental, Rebeca Ozores.
A Asociación Amicos agradeceu a colaboración tanto do Concellos, coma de Jealsa Rianxeira. Dende a organización do evento aseguran un programa que deixará sorprendidos aos asistentes.
O evento comezará ás 11 da mañá, no Parque da Cachada (Boiro). Alí, diversas actividades terán lugar ata as 13,30h.
Enlace a medios: