Este mércores 17 de febreiro levouse a cabo na Aula TIC do Centro Integral de Amicos a entrega de diplomas do Curso en Hixiene e Manipulación de Alimentos. Estivemos desenvolvendo o curso en modalidade virtual neste mes de febreiro.

Participaron un total de 20 persoas e foi finalizado exitosamente co 100% de aprobados, e así todos recibiron o seu carnet de manipulador de alimentos. Tras esta formación conseguimos a inserción laboral dun dos participantes.

“Grazas a este curso aprendín a traballar máis en equipo e sabemos o procedemento de temperatura e transporte de conxelados que deben levar os alimentos para que non se rompa a cadea de frío” – conta Mari Carmen, unha das participantes do curso que lle gustaría traballar nun supermercado.

Esta acción formativa está destinada a adquirir a acreditación e certificación de manipulador de alimentos. Este carnet é de obrigado cumprimento en toda a Unión Europea para os traballadores da hostalería e de calquera outro sector alimentario.

O acto de entrega estivo presidido por Keltoi Cameán e Rosa Agrelo, membros da Área de Emprego de Amicos.

A Asociación Amicos está a desenvolver o Proxecto Más Empleo en colaboración coa Fundación “la Caixa” e o Fondo Social Europeo. Este programa consiste na realización de itinerarios de inserción sociolaboral de persoas en situación ou risco de exclusión social, prioritariamente con discapacidade, no ámbito do Programa Operativo de Inclusión Social e da Economía Social (POISES) do Fondo Social Europeo para España.