Máis de 50 participantes acudiron á xornada, organizada no Centro de Interpretación das Illas Atlánticas de Galicia.
Esta mañá tivo lugar o evento “Búsqueda de Oportunidades de Empleo Verde/Azul en las Rías Baixas de Galicia”. Trátase dun networking que reuniu administracións, empresas e personal do Parque Nacional. Unha iniciativa que pecha o itinerario do proxecto Innova-Empleo, o cal se remonta ao 2021.
Innova-Empleo configúrase así como instrumento innovador que mestura formación, asesoramento e acompañamiento gratuito aos seus participantes. O obxectivo é a súa inserción en empregos relacionados coa economía verde. Este programa diríxese á creación de oportunidades laborais para as persoas en situacións de vulnerabilidade social, poñendo especial atención a aquelas con discapacidade intelectual, un dos colectivos máis afectados na busca dun posto de traballo. O Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e a Asociación ASANSULL de Cádiz foron as dúas entidades socias colaboradoras nesta andaina, a cal se distribuye en tres zonas de actuación: As Rías Baixas, a Dehesa Extremeña e o Campo de Gibraltar.
A sesión foi conducida por persoas con discapacidade intelectual, contando con Javier ou Carolina como integrantes activos do proxecto. Tamén contamos coa intervención de Xoan España, director xeral de Amicos ou Diana Cidras, técnica de emprego.
Ao evento acudiu David Veiga, director de RRHH do Grupo Puentes y Calzadas; Vicente Piorno, representando ao PN das Illas Atlánticas de Galicia ou Elena Rodríguez, da empresa People and Talent Kaleido Logistics. Ademais acudiron diversas empresas relacionadas coa economía verde, tal como Arancha Mañas, CEO PMA de Nutrigas e Sonia Atanes, directora de marketing en Pepe Vieira.
Este networking busca fomentar a construcción dunha rede de traballo nacional para as oportunidades de emprego verde ou azul adaptado. Un proxecto en colaboración coa Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica e o Reto Demográfico a través del Programa Empleaverde financiado por el Fondo Social Europeo.