● A plantación de máis de 7.000 especies autóctonas evitará no seu ciclo de vida a emisión de 1145 toneladas de CO2
● Asociación AMICOS participamos nesta iniciativa axudando a poboar o campo de tiro de plantón
● Financiado pola Fundación Iberdrola España, o programa “Bosque Defensa-Iberdrola” consiste en realizar anualmente unha plantación de árbores en terreos do Ministerio de Defensa

 

 

O pasado venres Fundación AMICOS e Fundación Iberdrola participaron nesta iniciativa axudando nas labores de reforestación. Ambas as Fundacións, que colaboran xa desde 2018, repoboaron as 10 hectáreas do campo de tiro de Noia, na Coruña onde os traballos de mantemento durarán 2 anos e o investimento por parte da Fundación Iberdrola España ascende aos 45.000 euros.

A este acto de inauguración asistiron, entre outros, o director xeral de Infraestruturas, Luís Cebrián; o presidente da Fundación Iberdrola España, Fernando García; o director de asociación Amicos, Xoán España, o alcalde de Noia, Santiago Freire; a alcaldesa de Lousame, María Teresa Villaverde; o alcalde de Porto do Son, Louis Oujo; o alcalde de Boiro, José Ramón Romero e o xefe do Sistema de Vixilancia e Control Aeroespacial EVA 10, José Luis Ortiz-Cañavate.

 

 

O presidente da Fundación Iberdrola España, Fernando García, destacou a gran alegría que significa para a súa fundación o proxecto realizado na contorna da base militar situada no monte Iroite: “O programa de reforestación é un gran exemplo de conseguir alianzas polo beneficio común entre a Administración e o sector privado”. Onde destacou distintas actividades nas que están a traballar “…traballamos tamén en programas relacionados coa acción social, é o caso da nosa colaboración con Amicos, As Ecobrigadas que levaron a cabo o traballo de reforestación, …e traballamos en temas medioambientais, os programas de reforestación son un elemento importante para conseguir apoiar a descarbonización…” onde finalmente agradeceu persoalmente a todos os participantes polo gran traballo realizado.

 

 

Por outro lado, Xoán España, director xeral da nosa asociación, destacou “Este proxecto estivo 3 anos incubando e rematou ca contratación de 10 persoas con discapacidade intelectual, o cal é un índice moi bo, e a maiores sumamos traer algo máis ao noso territorio, que é dos proxectos que ten a Fundación Iberdrola e Iberdrola España na rexeneración de zonas do exército, pois trouxemos aquí á nosa base militar un proxecto no que se restauraron 9 hectáreas e plantaron case 8000 árbores de bosque atlántico, o cal creará un pequeno pulmón verde na nosa comarca e na serra do Barbanza.” Tamén matizou “O importante de esto é que ademáis da parte verde, hai unha compoñente social, que Iberdrola e a súa Fundación viron moi ben dende o principio, que é sumar as persoas con discapacidade intelectual das Ecobrigadas de Amicos e das nosas empresas de inserción a que fixeran este traballo.”

 

 

Esta reforestación, a sétima que acomete a Fundación Iberdrola España dentro do plan Bosque-Defensa Iberdrola, supuxo a plantación ao longo dunha superficie de 10 hectáreas, de máis de 7.000 árbores autóctonas: 1.175 de amieiro, 2.317 de bidueiro, 1.930 de carballo, 1.544 de acivro, 386 de peral silvestre, 386 de espino albar- evitará a emisión de 1145 toneladas de CO2 en 50 anos á atmosfera.

 

NOTICIAS EN MEDIOS
LA VOZ DE GALICIA
CANAL BARBANZA
LA VOZ DE GALICIA
CORRESPONSABLES
G24.GAL
TELEVISIÓN DE GALICIA

 

 

Para máis información:

T. 981 865 716
M. 658 753 047
hola@amicos.org