• A iniciativa busca achegar e promover hábitos de vida saudable inclusivos e accesibles entre a poboación local
  • O programa está coordinado pola asociación Integrados, do grupo Amicos, coa colaboración de Scout Society e Krik, e conta coa financiación da Unión Europea

 

A Asociación Integrados lidera o proxecto ‘Everyday is a training day’, unha iniciativa de cooperación internacional no marco do programa Erasmus+. A iniciativa ten como finalidade achegar e promover hábitos de vida saudables, inclusivos e accesibles entre a poboación. O proxecto ten unha duración de quince meses, e apoiase na investigación e elaboración dunha guía de recursos, así como na capacitación de traballadores de atención directa á xuventude. O programa está coordinado pola asociación Integrados de Amicos, coa colaboración de Scout Society e Krik, e está financiado pola Unión Europea.

‘Everyday is a training day’ nace co propósito de crear conciencia sobre a necesidade de que o deporte e os espazos nos que se practica sexan accesibles para todas as persoas, ao tempo que busca promover a actividade física mediante distintos exercicios e prácticas adaptados. Para esto, o proxecto divídese en dúas etapas, na que a primeira estará centrada na investigación de boas prácticas no ámbito do deporte e o ocio, e a recollida das mesmas nunha guía de recursos que será difundida a través das redes sociais e entre a cidadanía local.

 

 

 

 

A segunda parte consistirá nunha serie de obradoiros multiplicadores dirixidos a organizacións, persoal que traballe cun público xuvenil e con persoas con necesidades especiais. A través destes talleres capacitarase a estes profesionais en tácticas inclusivas, xestión de proxectos, promoción e avaliación en materias como actividade física ao aire libre e alimentación saudable. Tamén se ofrecerán distintos recursos para levar a cabo a súa labor de forma accesible e inclusiva.

Todos estes novos coñecementos aplicaranse tamén nun evento piloto que terá lugar en Macedonia do Norte no mes de xuño, ao que seguirán distintas sesións en distintas localizacións ata novembro, cando a localidade de Boiro acollerá o evento final do programa.

Esta iniciativa nace ao abeiro do proxecto Erasmus+, da cooperación internacional entre entidades de España, Romanía e Macedonia do Norte. Así, o consorcio está formado pola Asociación Integrados, pertencente á entidade española Amicos, en colaboración con Scout Society de Romanía, centrada no fomento do voluntariado e o desenvolvemento da comunidade local entre a xuventude, e o centro xuvenil Krik con sede en Macedonia do Norte, especializado na realización de formación, reunións e obradoiros. O proxecto conta coa financiación da Unión Europea.

Asociación Integrados

Amicos conta coa Asociación Integrados, que traballa para promover o ocio e a vida autónoma da xuventude con discapacidade. Para isto, o seu equipo organiza actividades encamiñadas ó desenrolo da cultura, medioambiente, lecer e deporte para nenos, mozos e adultos, autoxestionadas e deseñadas pola poboación máis nova.

Entre as múltiples actividades que organiza Integrados destacan hidroterapia, taekwondo e kempo, excursións e saídas culturais e campamentos de verán. Todas elas co obxectivo de que os beneficiarios adopten un papel activo nas decisións que teñen que ver co seu tempo libre e se sintan actores autónomos na sociedade da que forman parte.

 

 

 

 

NOVAS EN MEDIOS

DIARIO DE AROUSA

 

Para máis información:

981 865 716 – M. 658 753 047
hola@amicos.org