• Estas formacións son gratuitas para os participantes e compatibles coa solicitude de axudas para a formación da Xunta de Galicia
  • As persoas interesadas poden inscribirse no teléfono 981 865 716 e no correo electrónico formacion@amicos.org

 

No segundo trimestre deste ano, en Amicos poñemos en marcha dúas novas formacións gratuitas, dirixidas a persoas desempregadas con discapacidade ou en risco de exclusión social. Así, en abril comezarán na sede da nosa entidade o curso Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes e a formación Actividades auxiliares de servizos administrativos e xerais. Este último impartirase tanto en modalidade presencial como en teleformación.

Así, Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes comezará o xoves 4 de abril, e levarase a cabo no centro ata o 13 de setembro, en horario de 9.30 a 14.30 horas. Unha vez finalizado o curso con éxito, os participantes estarán cualificados para desenvolver labores en invernadoiros, viveiros e xardíns, e contarán con coñecementos para a conservación de parques urbáns e botánicos, entre outros.

Para inscribirse neste curso, de 488 horas de duración, os e as interesadas deberán contar cun título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou co certificado de profesionalidade Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería. O prazo de inscrición está aberto ata o venres, 22 de marzo.

 

 

 

 

Curso de auxiliar administrativo/a

Por outra banda, o curso de Actividades auxiliares de servizos administrativos e xerais, ofreceralle ao alumnado as ferramentas e coñecementos necesarios para realizar tarefas e trámites de administración a nivel profesional.

A formación ten unha duración de 448 horas, que inclúe as prácticas en empresas. Esta dará comezo o 16 de abril, e desenvolverase ata o 13 de setembro en horario de 9.30 a 14.30 horas. Neste caso, o prazo de inscrición finaliza o venres 5 de abril, tanto para a modalidade presencial como para a opción de teleformación.

Opción a becas

Estas accións formativas están organizadas por Amicos coa colaboración da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación e Formación Profesional. As persoas interesadas poden inscribirse a través do 981 865 716, así como no correo electrónico formacion@amicos.org. Estos cursos contan cun total de 15 prazas por formación, e son compatibles coa solicitude de axudas para a formación da Xunta de Galicia.

 

Para máis información:

981 865 716

658 753 047

hola@amicos.org