• O Fogar Amicos é un servizo de apoio residencial e integral ininterrompido durante as 24 horas do día, os 365 días do ano
  • A través do o servizo residencial de emerxencia social, as persoas con discapacidade intelectual en situación de desamparo, orfandade ou cuxas familias non poden facerse cargo delas contan cunha asistencia personalizada e de calidade

 

Dende que Amicos botou a andar tiñamos unha idea moi clara: a nosa misión sería a de ofrecer un apoio profesional e individualizado para as persoas con discapacidade intelectual, trastorno do espectro autista, parálise cerebral ou dano cerebral; así como para as súas familias.

E pouco a pouco, a medida que a nosa asociación foi medrando, tamén o fixeron as ferramentas ao noso alcance para acompañar aos nosos amicos e amicas na consecucións dos seus proxectos de vida. Como un dos piares desta filosofía xorde o Fogar Amicos, un servizo de apoio residencial e integral ininterrompido durante as 24 horas do día, os 365 días do ano.

Nel os beneficiarios/as contan cun equipo de profesionais especializados que lles ofrecen unha atención totalmente individualizada, segundo a súa situación e necesidades. Neste senso, os técnicos e técnicas acompañan a cada un dos amicos e amicas, sempre segundo a intensidade do apoio que necesiten, en cada tarefa da vida diaria.

Outro dos puntos clave é que, mediante o servizo residencial de emerxencia social, as persoas con discapacidade intelectual en situación de desamparo, orfandade ou cuxas familias non poden facerse cargo delas contan cunha asistencia personalizada e de calidade. Pero non só se limita a isto, posto que este servizo tamén se dirixe a aquelas persoas que precisan unha atención completa de forma permanente ou puntual.

 

 


 
 

A persoa como centro

Ao igual que no resto de áreas de Amicos, o Fogar tamén ten como máxima que a persoa sexa quen tome as decisións que lle afectan no seu día a día. Por iso, todo orbita en torno a que o amico/a se sinta escoitado e valorado e adopte un papel protagonista na comunidade.

Desta maneira, é ela quen decide sobre aquelo que a afecta, na medida na que a súa situación llo permita. A finalidade non só é mellorar a súa calidade de vida, tamén xerar oportunidades para que se sinta realizado como persoa e fomentar a súa autonomía.

Unha metodoloxía integral

Isto fai que o noso servizo non só consista en aloxamento, manutención e un coidado persoal. Amicos ofrece tamén atención especializada, servizo de rehabilitación física e atención psicolóxica e social, así como a participación voluntaria en actividades complementarias de ocio, deporte e relacións sociais.

Desta maneira, os amicos e amicas síntense parte dun fogar normalizado no que o seu papel é activo, importante e valorado.

 
NOVAS EN MEDIOS

EL CORREO GALLEGO

 

Para máis información:

981 865 716 – M. 658 753 047
hola@amicos.org