O programa “UN CAMIÑO INCLUSIVO” contempla, entre outros, poñer en valor o patrimonio natural do Camiño de Santiago a través de 5 actos que se realizarían en 5 ubicacións que formarían parte representativa de cada un dos camiños que chegan a  Santiago de Compostela.  As localidades son as seguintes: NO CAMIÑO FRÁNCES: NA VILA DE PALAS DE REI,  NO CAMIÑO INGLÉS: NA VILA DE PONTEDEUME ,  NO CAMIÑO PORTUGUÉS: NA VILA DE CALDAS DE REIS,  NO CAMIÑO SANABRÉS/INVERNO: NA VILA DE SILLEDA (FERVENZAS DO TOXA) E POR ÚLTIMO NO CAMIÑO DO NORTE NA VILA DE RIBADEO. Nestes lugares privilexiados se proxectarán actividades de participación cidadá, onde participantes, voluntarios ou camiñantes realizarán tanto actividades de inclusión e convivencia (andaina) e ao mesmo tempo a realizacións de accións de sensibilización medioambiental (limpezas). Damos neste proxecto unha importancia inherente aos nosos fins, de concienciar ás persoas do bo coidado do noso entorno natural e mais importante se cadra, nun entorno tan destacado como o que pasa polas rutas de peregrinaxe a Compostela.

Destacaremos o patrimonio cultural do camiño e tamén o patrimonio humano e o intercambio de experiencias cos participantes.