XA ESTÁ Á VENDA O CALENDARIO SOLIDARIO AMICOS 2021!!

Neste ano tan difícil decatámonos da importancia de axudarnos os uns aos outros, e nunca olvidaremos que nos peores momentos estivestes ahí para nós. Grazas outra vez.

O Calendario Solidario Amicos 2021 leva consigo a esencia dun momento histórico no que, a pesar das circunstancias, os nosos rapaces e rapazas levan o seu sorriso por bandeira e seguen cara adiante loitando pola súa integración. Pica na seguinte ligazón para ver o MAKING OF

O noso Calendario xa está á venda nos nosos Centro e nos seguintes establecementos:
Farmacia Lojo (Rianxo), Farmacia Cimadevila (Boiro), Farmacia Romay (Portosin), Farmacia Villamil (Ribeira) e Farmacia Tato Lobo (Pobra del Caramiñal)

Compra o teu!