CAPACITANDO A PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL, desenvolto pola Asociación Amicos en colaboración coa Fundación Iberdrola España
Amicos centrouse en capacitar aos mozos e mozas en risco de exclusión social residentes en zonas rurais, en especial, a mozos e mozas con discapacidade intelectual ou autismo, a través de programas formativos adaptados aos retos que afronta o territorio rural, como son as zonas das Comarcas de Barbanza/Noia.
Boiro 14 de decembro de 2020. Un día tan especial coma hoxe, Manuel, Enrique e Noelia mantiveron unha vídeoconferencia con Ramón Castresano (Director da Fundación Iberdrola) Fernando García (presidente da Fundación Iberdrola), Francisco Silva (delegado de Iberdrola en Galicia) Marta Áres (responsable da área de acción social) e Paloma Marín (técnico de proxectos de acción social).
Eles, de primeira man, quixéronlles contar a súa experiencia dentro do proxecto e como, grazas ás novas tecnoloxías implantadas pola nosa entidade, puideron seguir coa súa formación vía online durante o período tan duro de confinamento debido á covid19.
–Manuel contoulles o feliz que está dende que traballa na ecobrigada, e que grazas á formación recibida hoxe séntese máis valorado como persoa.
–Enrique tamén quixo contarlles que para el, ao principio, foi algo complicado adaptarse á formación en liña, pero que grazas á axuda dos técnicos da asociación puido conseguilo con máis facilidade, agora está feliz traballando na Ecobrigada e que o que máis lle gusta é rozar.
-Por último, interveu Noelia, que quixo agradecer á Fundación Iberdrola o apoio que presta á nosa entidade, e que grazas ao curso de xardinería puido facer novos amigos e atopar o traballo dos seus soños.
Dende Amicos queremos comentar que en relación ao perfil das persoas destinatarias do programa, cabe sinalar que aproximadamente un 85% dos/as participantes estivo conformado por usuarios/as da Asociación e ao redor dun 15% foron usuarios/as derivados de axentes colaboradores.
Ademáis, os criterios que se tiveron en conta prioritariamente para a selección dos/as destinatarios/as do mesmo foron os seguintes:
• Persoas con grao de discapacidade intelectual recoñecido, autismo ou parálise-dano cerebral, e mulleres vítimas da violencia de xénero ou en situación de pobreza.
• Residencia na comarca do Barbanza.
• Rango de idade entre 18 e 35 anos.
Os obxectivos alcanzados superaron ao obxectivo estimado, cun número de participantes directos alcanzado de 35, número de participantes indirectos de 250, número de participantes que obtiveron cualificación de 28 e número de participantes que obtiveron un emprego ao finalizar o itinerario é de 6.
Dende Amicos gustaríanos pedir a máis Empresas con Alma, como a Fundación Iberdrola, que nos axuden a seguir capacitando e levando a cabo itinerarios formativos para acadar a inclusión real de persoas con discapacidade ou en risco de inclusión social, no mundo laboral .
-A continuación deixámosvos un vídeo onde vos explican algún dos nosos mozos e mozas a súa experiencia no programa da Fundación Iberdrola.